De que vai isto

Esta bitácora, organízase en torno de tres bloques temáticos: as miñas contribucións, as alleas e casas de Vigo .

As miñas contribucións, é un espazo creado con intención terapéutica e, xa que logo, destinado a albergar reflexións propias.

No segundo bloque (As alleas), pretendo compartir aqueles materiais (artigos, audios, vídeos, etc) recollidos dos medios que se poderían incluír tralo aforismo, outra información é posible.

O terceiro bloque Casas de Vigo é o que dalgunha maneira xustifica a publicación do blog. Nel, utilizando como Leitmotiv a arquitectura construída en Vigo no período que vai de 1860 e 1960, preténdese obter informacións, entre o fiúncho e a marusía, sobre a sociedade viguesa do momento.

Advertisements