Casa para Benito Gómez González (Gran Hotel Universal)

Hotel Universal na actualidade (Foto de Fernanda Padín)

Publicado en “El Lucense, diario católico de la tarde” (11.07.1892)

Anuncio reproducido nalgúns dos xornais que se publicaban na época. Era o comezo da andaina do Hotel Universal, cando o edificio ocupaba só a parte oeste, a que da cara a rúa Carral e a fronte á rúa “El Muelle”. O resto da casa (parte da fachada, e a lateral á rúa García Olloqui), completaríase seguindo o mesmo esquema construtivo, no ano 1904(1). O letreiro, Hotel y Restaurante Universal, que adornaba a fachada do establecemento desde 1890, lucía no pintoresco anfiteatro que semellaba o Vigo edificado na aba do monte do Castro, dando a benvida a todas as persoas que desembarcaban na cidade.

Era alcalde do concello no momento da solicitude da licenza Primitivo Blein Costas, quen, con Eduardo Iglesias Aniño (a quen substituíu na alcaldía en xaneiro de 1888) e Angel Urzaiz, os dous dirixentes do partido liberal na cidade, colaborou na vitoria, conseguida por primeira vez no ano 1881, sobre o partido conservador de Manuel Bárcena, López de Neira e José Elduayen Gorriti.

Primitivo Blein, naceu no ano 1840 e faleceu en Vigo en 1900. Emigrou á América e volveu rico e viúvo dunha crioula. En Vigo estableceuse cun almacén de ferretería. En palabras do cronista da cidade daquela época, Nicolás Taboada Fernández: era un home intelixente e de elevado criterio. Como alcalde promoveu entre outras cousas necesarias o proxecto ambicioso de abastecemento de auga, dó que a cidade se encontraba moi necesitada.

Nese Vigo; onde, en cumprimento dun acordo municipal unánime de xuño de 1887, os “guardias munipales” abandonaran o uso las pistolas e patrullaban con sable; onde, as demandadas infraestruturas comezaban a plasmarse en realidades(2); e onde, o filántropo José Policarpo Sanz,  legaba ao pobo vigués a case totalidade dos seus bens que ascendían a preto de 350.000 pesos de ouro; as demandas culturais, de formación e lúdicas concretábanse nun florecente asociacionismo.

Vigo contaba nesa época con dez sociedades recreativas, e o seu número ía en aumento; a decana era El Casino, que fora fundada en 1847 e, en 1892, xa con corenta asociados,  inauguraba nova sede na rúa Imperial. La Tertulia Recreativa, creada en 1864, por inspiración do Marqués de Valadares, cunha cota de entrada de 40 pesetas, e a mensual de 5, estaba só ao alcance da elite adiñeirada; en 1886, unha disensión entre socios deu lugar a que o grupo disidente fundara El Liceo. Nese mesmo ano, constituiríase El Recreo Artístico, concibida tamén como sociedade recreativa, pero que tivo como principal actividade, a de impartir ensinanza aos fillos dos asociados. No mes de novembro de 1878, un grupo de mozos pertencentes ás familias máis podentes da cidade fundan El Gimnasio, que a diferencia das outras sociedades centradas nas funcións recreativas, prestaba especial atención á divulgación dá hixiene e do deporte, cuestións, naqueles momentos pouco valoradas. Mención aparte merece La Oliva, a sociedade coral que tivo a súa orixe no Orfeón de Vigo; en 1885, os seus socios, decidiron a creación dun centro recreativo-filarmónico onde poder desenvolver as súas afeccións e aptitudes. Jose Campo Moreno, escribía na revista pontevedresa Galicia Moderna(3) sobre esta sociedade; o artigo permite apreciar hoxe, a súa importante función cultural, comprometida sempre coas reivindicacións da cidade.

Para rematar coa relación de sociedades e centros recreativos compre citar os, non menos importantes: Centro de Instrucción Mercantil, creado coa finalidade de proporcionar formación financeira, disciplina de coñecemento da que tan necesitada estaba o florecente comercio local; La Sociedad de Socorros Mutuos, constituída o ano 1852, como centro cooperativo para dispensa de asistencia médica e farmacéutica gratuíta, así como asistencia en metálico diario, para o caso de enfermidades que imposibilitaran a dedicación ao traballo. Por desprendemento da Sociedade de Socorros Mutuos, en 1884, creouse outra co nome de La Cooperativa, a quen debe a súa existencia La Escuela de Artes y Oficios de Vigo.

A tramitación da licenza de obra

A iniciativa dá construción do Hotel Universal correspondeu a Benito Gómez González, quizais o máis importante contratista dese tempo na cidade de Vigo, e pai dos egrexios arquitectos, Benito e Manuel Gómez Román. Entre as máis destacadas adxudicacións de obra pública conseguidas polo empresario construtor, cabe sinalar: o inmoble para acoller ao Rosalía de Castro(4) , teatro que viña a substituír ao “Calderón”(5) , cuxo local, no ano 1881, fora reconvertido para edificio de vivendas(6) ; as obras da zona de servizo do Porto de Vigo, adxudicadas na cantidade de 25.000 pesetas(7) ou, as obtidas da Sociedade de Abastecemento de Aguas de Vigo, para a construción do depósito xeral de abastecemento do monte do Castro, que incluía ademais, o acueduto de condución e as obras complementarias ata dito depósito(8) .

O 23 de febreiro de 1888, a corporación municipal de Vigo deu traslado á comisión de obras da instancia presentada por Benito Gómez González; solicitando permiso para cimentar o solar número 2,(9) situado entre as rúas “Muelle” e Carral, unha vez que o arquitecto municipal, sinalara a correspondente liña e rasante.

Habería que agardar ata o 30 de maio para que, de novo Benito Gómez, que comparecía exhibindo a cédula persoal nº 591, presentara no Rexistro do concello unha nova instancia solicitando, desta vez, autorización para edificar na citada finca. A casa construiríase conforme aos planos que se xuntaban á solicitude, e que foran elaborados polo mestre de obras, Genaro de La Fuente Domínguez. Unha particularidade de interese, pola referencia a un fito histórico no desenvolvemento urbanístico de Vigo, era a matización de que a casa, sería construída cos materiais procedentes dos edificios demolidos para o trazado dá chamada, Travesía de Vigo. Esta rúa (hoxe “Elduayen”); comunicaría a estrada de Pontevedra coa de Camposancos, e suporía unha importante mellora para a cidade, non só pola súa función como arteria comunicativa, senón tamén, por que estaría chamada a constituírse no centro comercial da nova urbe. No oficio, manifestábase ademais que; para os efectos do imposto municipal, o importe da obra elevaríase á cantidade de vinte e seis mil pesetas.

Plano edificio na 1ª Fase construtiva (1888)

Na memoria descritiva, outrosí, especificábase que o solar estaba situado: «en el ángulo N.E. de la calle Carral, con frente al muelle de piedra», e a continuación dicíase: «se propone edificar una casa de planta baja, piso entresuelo, piso principal, piso 2º y un ático en el frente al muelle»; aclarando, así mesmo, que se trataba dunha casa para particulares. En canto aos materias que se propoñían empregar dicíase que serían os habitualmente usados na localidade: «sillería de granito en la fachada que dice frente al muelle, y con entrepaños para cal en la de la calle del Carral, madera de castaño en el entramado de sus pisos y cubierta, así como, en los cierres exteriores; pino del norte en los cuerpos de carpintería interiores; pino del país en el forro de pisos y entramado de tabiques; y el hierro en sus habituales usos». Engadíndose a continuación: «Las condiciones de ornato se han satisfecho por la simétrica disposición de sus vanos y macizos, a mas de la molduración que gráficamente se representa: esta divide el cuerpo bajo y entresulo, de los pisos superiores, formando con aquellos un todo proporcionado. El piso ático responde a la necesidad de dar luz y vistas a la buhardilla del mejor modo posible». Facíase, por último, referencia á sinxeleza da edificación en canto a ornamentación pero, «procurando que fuese lo más digna posible para tan preferente emplazamiento».

Unha vez rematados os tramites correspondentes á solicitude e emitido o informe da comisión de Obras; o concello, en sesión celebrada o 27 de xuño dese mesmo ano de 1888 acordou, en conformidade co proposto no ditame da Comisión, «permitir a D. Benito Gómez González que construya en el solar número dos adquirido al Municipio en la calle del Carral una casa según plano que se aprueba y presupuesto provisional de veinteseis [sic] mil pesetas, debiendo ingresar en depositaría quinientas veinte pesetas por el arbitrio sobre edificaciones, á reserva de la tasa del Arquitecto municipal, quien ya le ha señalado la linea y rasante que solicito el veinte de febrero último».

Características do edificio

O edificio, dun claro estilo ecléctico, está composto dun andar baixo e tres altos. Presenta un eixe de simetría central e consta de tres fachadas: a principal á rúa Cánovas del Castillo, e as laterais ás rúas García Olloqui e Carral.

As fachadas, de composición simétrica, presentan unha sucesión rítmica de vans con alternancia de balcóns individuais e corridos que remarcan a súa horizontalidade. Os paramentos da fachada principal están realizados en cantería de boa calidade, a diferenza dos paramentos laterais onde a cachotería revocada en branco combínase coa cantería dos recercados, esquinais, liñas de imposta e cornixa, o que contribúe a quitarlle “peso” a un edificio marcado pola excesiva horizontalidade das súas fachadas.

A ornamentación é moi austera, centrándose nos recercados dos vans, que reciben o mesmo tratamento nas tres fachadas. Cumpre co trazo característico do eclecticismo, de asignar a cada un dos andares distinta ornamentación pero, neste caso as diferenzas son moi sutís.

BENITO GÓMEZ CONZÁLEZ

Durante dezaoito anos Benito Gómez rexentou co éxito o establecemento hoteleiro, pero a súa morte(10) producida o 29 de xaneiro de 1908; e no mesmo ano, a do seu fillo maior, o arquitecto Benito Gómez Román, posiblemente determinou a decisión, por parte da familia Gómez Román de poñer á venda o hotel.

Varias circunstancias favoreceron a viabilidade, e mesmo o percorrido de éxito do negocio empresarial hoteleiro. No mesmo ano (1899), data de comezo da construción do edificio, o concello, declarou praza pública o espazo gañado ao mar e situado fronte ao hotel, lugar onde se asentaba a antiga batería de A Laxe, permitindo así, unha visión diáfana dá baía. Esta decisión do concello, co tempo, favorecería o aproveitamento do espazo fronte a fachada do hotel. Unha ampla terraza acollería, durante moito tempo, actuacións musicais(11) que concitarían a atención, non so daqueles persoas con capacidade económica para poder ocupar unha cadeira diante do escenario, senón tamén, para os que, de pé, ocupaban as beirarrúas que rodeaban a terraza.

Actuación da Orquestra de Olga Ramos- Pueblo Gallego (24.08.1958)

Nese ano, 1890, comezarían ademais as obras do chamado “Muelle de Hierro”. Proxectado polo Enxeñeiro José María Sancha, ía supoñer un avance moi importante para a progresión comercial do porto de Vigo, e tamén, un importante impulso para o recen inaugurado Hotel Universal. O molle de ferro, construído perpendicular ao “malecón”, e continuando a dirección da rúa Ramal (hoxe Colón) e Concepción Arenal, viña a substituír ao de madeira; e como el, tiña forma de T;  a cabeza, paralela ao peirao, medía 180 m, e dispoñía dun calado de 8,50 m. As obras finalizarían no ano 1893 e, a partir desta data, os transatlánticos podían atracar directamente, facéndose innecesario o uso das pequenas embarcacións complementarias para o transbordo entre navío e o peirao.

O Molle de Ferro en 1895. Fotografía Pacheco.

O 10 de setembro de 1932, nun día calmo e en plena xornada de traballo, o coñecido como “Muelle del Comercio”, afundiuse. Os traballadores de descarga percibiron unha estraña vibración, polo que puideron fuxir a tempo. Houbo unha soa vítima. O derrube achacouse á oxidación e ao impulso proporcionado polo vapor “Romeu”, que atracara minutos antes.

Locomotora nas instalacións portuarias de Vigo

Complementariamente, na década de 1880, producíranse ademais significativas melloras nas comunicacións terrestres que favorecería o incipiente tráfico portuario e dinamizaría a actividade económica da cidade, e conseguintemente, contribuiría ao afianzamento do Universal: O 18 de xuño de 1881 inaugurárase a liña ferroviaria, Vigo-Ourense e, en 1885, a de Ourense a Monforte, dando lugar á conexión con Madrid; o 30 de xuño de 1884, estableceríase a conexión por tren con Pontevedra e, por último, en 1898,  abriríase o moi importante ramal ferroviario do Porto, que conducía directamente desde a Estación ata o molle de ferro.

A revisión das noticias que foron merecentes da atención polos xornais locais, permite facer o seguimento da vida empresarial do Hotel Universal durante a xestión de Benito Gómez. As informacións recollidas, ilustran sobre a destacada posición do establecemento na vida social viguesa, conseguindo ser un referente para as celebracións, que por diferentes motivos (negocios, lecer, homenaxes a personalidades, etc), se organizaban na cidade, e para os que o afamado restaurante elaboraba os correspondentes banquetes. A seguinte escolma de novas publicadas polo Faro de Vigo, entre o ano de apertura do establecemento (1892) e a venda do hotel a quen sería o seu segundo propietario en 1909, son unha boa testemuña do anteriormente afirmado:

        Hospédase o expresidente da República, Sr. Pi y Margall quen, procedente de Monforte, chegara a Vigo en tren mixto(12) e viña acompañado polo seu fillo Sr. Pi y Azuaga. Pi y Margall, asistira á inauguración dun monumento sobre a tumba de Telesforo Ojea Somoza(13) no cemiterio de Fontei. As fraccións republicanas obsequiaron ao expresidente cunha serenata, na que, entre outras, actuaron a Banda Municipal e o Orfeón La Oliva. A velada prolongouse ata as 11 da noite nunha rúa Carral iluminada con sinxeleza. (El Faro de Vigo de 25.09.1892).
        Con motivo da inauguración dun novo Circulo republicano de Vigo, que contaba coa asistencia de 200 socios, a xunta directiva do Centro republicano, e os comités centralista e progresista da cidade, obsequiaron aos comisionados de Santiago e Pontevedra cun banquete no Hotel Universal. (Faro de Vigo de 28.03.1893)
        Como celebración da festa onomástica rexia, o exército e a armada organizaron un banquete no Hotel Universal ao que concorreron todos os mariños e os xefes e oficiais dos corpos e institutos da guarnición, francos de servizo. “O banquete estivo moi ben servido”, dicíase na reseña do Faro de Vigo de 24 de xaneiro de 1906.
        O 25 de agosto de 1908, os periodista de Vigo, nun acto de confraternidade, obsequiaron cun banquete no Hotel Universal aos seus colegas forasteiros que se encontraban na cidade, entre eles: Gaspar Leite de Acevedo, escritor portugués colaborador do Jornal de Vianna; Antonio Lombardero, redactor do xornal El Noroeste de A Coruña; Luis Alférez, de la Opinión Asturiana, etc, etc. E como representación dá prensa local e organizadores: Eladio Lema, Jaime Sola, Eugenio Fernández Leis, etc.
        O martes 7 de xullo do mesmo ano, o Faro de Vigo, baixo o titulo Sport, refería a contenda entre os clubs de fútbol Fortuna e Vigo, que competían pola Copa de Compostela. O encontro rematara coa vitoria do Club Vigo por un a cero. En honor dos campións, o domingo 5, no restaurante do Hotel Universal, celebraríase un banquete que contou coa asistencia de case todos os socios do Club. Estaba encabezado polo presidente efectivo da entidade, D. Rodrigo Alonso, e contaba tamén coa asistencia do presidente honorario, «el entusiasta sportman D. Manuel Bárcena Franco, conde de Torre Cedeira». A subliñar a influencia que neses tempos de comezo da práctica deste deporte en Vigo, amosábase na terminoloxía utilizada na crónica do xornal: «team, football, sport, match, goal, … ».

Outra das actividades frecuentes que acollía Hotel Universal, era a de servir como espazo de consulta dos itinerantes “especialistas e milagreiros” que ofrecían remedios “seguros e eficaces” para curar ou calmar todo tipo de padecementos:

Baixo o título, «La piel y la sangre viciada», o especialista dermatólogo, que non daba o seu nome, e que tiña Clínica na rúa Galdo, núm, 8 de Madrid, recibía a consulta no Hotel Universal os días 16 e 17 de agosto de 1908:

        «El acné, eczema, impetigo, prurigo, liquem, lupus, psoriasis, psicosis de la barba, comezones, enrojecimientos, manchas y en general cualquier padecimiento de la piel ó de la sangre, cede á este tratamiento especial, siempre, que el paciente siga cuidadosamente las prescripciones que oportunamente se le vayan señalando en estas visitas y luego por carta desde Madrid».

Outro frecuente padecemento sufrido pola poboación naqueles tempos era a dos Herniados. Un tal ortopedista de Barcelona de nome D. Luis Torrent, ofrecía os seus “acreditados bragueros” como solución para a curación de hernias;

        «Está plenamente demostrado que el quebrado que no se cura con tan maravillosos bragueros, no se cura con ningún otro porque nadie, absolutamente nadie puedo ofrecer las garantías mejores que las que ofrece la conocida casa Torrent, de Barcelona.»,

referíase no anuncio publicado no xornal Faro de Vigo de 10 de agosto de 1908. O doutor Torrent, comprometíase a atender a todos os herniados e quebrados, no Hotel Universal o día 11 do mes corrente.

Anuncio publicado no xornal El Faro de Vigo (02-07.1909)

Pero, posiblemente o que, neste eido, proporcionaba ao Hotel Universal maior ocupación era o autodenominado “Consultorio de Enfermedades Crónicas” do Instituto de Organoterapia de Madrid (aprobado por Real Orden del 29 de mayo de 1897). Este consultorio instalábase por tempada, e atendía todos os días, no cuarto 43 do hotel, de once a unha e de 6 a 7 da tarde. Os honorarios por consulta supuñan a non desprezable cantidade para a época de 5 pesetas. Ofrecía tratamentos gastro opterápicos para tratar unha ampla diversidade de patoloxías.(14) .

Entre as doenzas relacionadas anteriormente, as sinaladas como “nerviosas”, asociábanse preferentemente coa muller, xa que, segundo os médicos dese tempo, (todos do sexo masculino), tiñan a súa orixe no frenético ritmo de vida do século XIX; que, curiosamente, provocaba nas mulleres tensións que eran incapaces de soportar.

Nese medio, de práctica médica cativa da maxia, da relixión e da sociedade patriarcal imperante; e como mostrar sintomática, reprodúcese un anuncio; publicado no xornal Faro de Vigo o 24 de xaneiro 1888, no que, para combater o paroxismo histérico, unha desas “enfermidades raras” que afectaba ao xénero feminino, animábase ás mulleres a comprar o “vibrador doméstico”: “La vibración es la vida” – “Porque tú, mujer, tienes derecho a no estar enferma”. Exemplo paradigmático do desdouro ao que estaba sometida a muller.

A maior abastanza, e co ánimo de achegarse máis a ideario que impregnaba a comunidade viguesa de finais de século XIX, reprodúcese o artigo, La instrucción que debería tener la mujer (15) ; que, baixo as siglas R.M.P, foi publicado na portada do Faro de Vigo, o martes 24 de xaneiro de 1888, e que resulta bastante esclarecedor dá valoración desigual entre homes e mulleres establecida como resultado do pensamento dicotómico implantado pola ideoloxía patriarcal.

JOAQUÍN RODRÍGUEZ LOURIDO

En 1908, e xa coa segunda fase construtiva rematada, o hotel foi adquirido por Joaquín Rodríguez Lourido, indubidablemente, un industrial de moito pulo; propietario do redondelán restaurante “El Moderno”, que vendeu a Justo M. Tojeiro, o mesmo ano no que mercou o Universal(16) ; e dos restaurantes das estacións de Pontevedra e Redondela(17) . A compra do Hotel Universal non sería máis que o comezo da súa actividade empresarial. No ano 1909, e por un período de 5 anos, conseguiría os servizos de fonda e hospedaría do lazareto de San Simón(18) . En abril de 1911 e, despois de converter o Hotel Universal nun dos mellores de Galicia, negociaría cos fillos de Ignacio Montoro, fundador do Hotel Europa,(19) o traspaso deste establecemento hostaleiro(20) . Para celebrar a adquisición do hotel, organizou un banquete; que o xornal, El Noticiero de Vigo, no número publicado o día 21 do mesmo mes, cualificaríao así: «El menú, exquisito, hizo honor á la cocina de la casa».

ENRIQUE BARCIELA IGLESIAS

Joaquín Rodríguez Lourido deixaría de rexer o rumbo do Hotel Universal en 1924. Enrique Barciela Iglesias, o novo propietario(21) , foi, como Joaquín Rodriguez, persoa entregada profesionalmente ao mundo hoteleiro e ao dá restauración. Nado en Pontevedra no ano 1893, pertencía a unha familia acomodada, o que non impediu que decidise probar fortuna na emigración en Arxentina, onde permaneceu traballando e formándose; ata que, con motivo do servizo militar, resolveu o seu regreso a Galicia. A súa vontade emprendedora e a capacidade de xestión mostrouse coa compra, en 1928, dun segundo establecemento hoteleiro, o Hotel Roma de Ourense. Para prestar maior atención ao o hotel recen adquirido, Enrique Barciela, instalouse coa súa familia (casara á volta de Arxentina) na vila ourensá, e non cambiaría a residencia ata que, no ano 1960, decide a súa venda, cambiando a residencia a Vigo para dedicarse exclusivamente ao Hotel Universal.

Enrique Barciela conseguiu transformar o Hotel Roma e o Universal nos mellores centros hoteleiros das súas respectivas cidades e nun dos núcleos máis importantes da súa vida social. Un dos seus méritos máis recoñecidos pola clientela do hotel ourensá, foi a categoría alcanzada polo restaurante, que capitaneaba o cociñeiro Antonio Truiteiro. A sobremesa chamada “biscuit glasse”, chegou a ser un auténtico signo identificador da carta ofrecida.

No Hotel Universal, continuou coa liña emprendida polos anteriores propietarios. Para amenizar as horas de tarde e noite de verán, seguiu contratando escollidas orquestras que ofrecían atractivas actuacións naquela terraza “sombreada por árboles y con cuidados jardines, que convierte el frente del Hotel en uno de los parajes más amenos para el verano, en donde sirve el Bar del mismo Hotel, instalado en la planta baja, y a cuyo punto acude todos los días una selecta concurrencia“.(22)

Despois de anos de frutífero traballo Enrique Barciela faleceu en Vigo no ano 1974.

O Hotel Universal,  trala morte de Enrique Barciela sufriu unha caída da que non se volvería a recuperar. Permaneceu aberto como casino algúns anos, pero non aguantou moito tempo. Finalmente foi adquirido pola cadea de hoteis AC, quen no 2003 e despois dunha rehabilitación, reintegrouno aos seu uso de sempre como hotel de 4 estrelas.

REFERENCIAS

(1) A corporación municipal, baixo a presidencia do alcalde da cidade Sr. Senra, en sesión celebrada o 9 de decembro de 1904, aprobou o ditame da comisión de obras que fixaba rasante a don Benito Gómez González, “que desea construir una casa en el solar situado en el ángulo ángulo de la calle García Olloqui y plaza de Elduayen”.
(2) O 21 de maio de 1888, presidida polo alcalde Peimitivo Blein, reuníase en sesión extraordinaria “La Junta de Obras del Puerto” para a formalización da solicitude ao ministerio de Fomento, da construción dun molle de carga; e, continuábase coa reivindicación do enlace ferroviario entre a estación e o molle comercial, que se plasmara nun proxecto inicial de Melitón Martín (1881) e, máis tarde, no de Jose Mª de Sancha (1889), pero cuxo trazado definitivo demoraríase ata o ano 1898.
(3) La Oliva fue la primera (tal vez por la mas humilde) sociedad de Vigo en que puse las plantas. Allí escuche los primeros aplausos que la benevolencia conque siempre han sido oídos aquí mis trabajos dio por premio a unos insignificantes versos míos.
En el repertorio de La Oliva figura algún coro cuya letra escribí. De aquella sociedad guardo, ademas muy otros dulcísimos recuerdos que no hai que mentar ahora. ¿que de extraño tiene que haya aceptado hoy con entusiasmo la comisión de hablar algo de la Oliva a los amables lectores de GALICIA MODERNA?.
Era la Oliva en un principio, allá por el año 1885, modestísima agrupación musical, compuesta de 36 individuos, que se reunían para los ensayos en un local de la escondida calle de los Caños.
Comprendiendo que el circulo en que se movían era demasiado estrecho, quisieron ampliarlo, hacer algo grande; y a costa de esfuerzos enormes y venciendo obstáculos que parecían insuperables, vieron realizados sus propósitos tres años mas tarde. Desde fin de 1889 La Oliva esta instalada en el espacioso local de la calle de Príncipe numero 61.
Sin grandes lujos, que por otra parte ninguna utilidad positiva tienen, los socios del orfeón cuentan con una hermosa sala de billares, un salón cumplidísimo donde se celebran anualmente animados bailes, un teatrito, un despacho biblioteca y otras dependencias mas suficientes para la vida social de la clase obrera de Vigo.
En el salón pueden verse los estandartes premios ganados por el orfeón en brillantes certámenes, y retratos de personalidades importantes, con expresivas dedicatorias que son al mismo tiempo alabanzas y recuerdos.
La biblioteca es numerosa y útil. No figura en ella libro en que no se pueda aprender algo bueno.
La primera vez que concurrió a un certamen la sociedad coral viguesa, señala la fecha del primer premio conseguido. Fue en Pontevedra, el 13 de agosto de 1889.
Al año siguiente hubo certamen musical en Tuy, el 16 de abril; concurrió La Oliva y para ella fue el primer premio.
El 31 de agosto del mismo año, verificose otro concurso en la Coruña; el premio de 500 pesetas y un pensamiento de oro, fue para La Oliva.
Este año tomo parte en el certamen celebrado en Puenteareas, ¿habrá que decir que también se llevo premio?.
No acaba con esto la brillante hoja de méritos y servicios de La Oliva.
En 1891 solemnizo con un festival magnifico las fiestas de agosto. Fue un certamen al que concurrieron (y este dato dará idea de la importancia que tuvo), cinco sociedades corales, quince pianistas, cuatro violinistas y alguna banda popular. Presidio el certamen el maestro Fernández Caballero.
En el carnaval del mismo año, obsequio espléndidamente a la Tuna Compostelana que estuvo en Vigo. De seguro que aun lo recuerda el que era su presidente, hoy director de Galicia Moderna que, (lo dirá aunque se ruborice) hizo verdadero derroche de ingenio durante el lunch que dio el orfeón.
En favor de las victimas de Consuegra y Almería organizo un festival que produjo no despreciable ingreso.
Para socorrer a las familias de los náufragos del Reina Regente, dio otra velada, en 26 de mayo del 95. Los productos líquidos fueron mas de mil pesetas.
El año 96 contribuyo a las fiestas de Tuy, con dos notables conciertos dados el 12 y 13 de abril.
Fue a Braga en junio siguiente y allí mereció el mas entusiásticos elogios y se gano sinceros afectos. A todas estas fiestas y a todos estos triunfos han contribuido eficazmente con su enseñanza los maestros directores D. Manuel Alonso, D. Marcial Rodríguez, D. Juan Serrano y D. Ramón Castro, que es el que actualmente lleva la batuta.
Presidieron La Oliva desde su fundación, D. Castro Villar, dos veces, D. Francisco Ulloa, D. Celestino Tellado, D. Jacobo Sanz, D. Jacobo Bara, y D. Antonio Fernández Arreo que nombrado para regirla en 1896-97, ha sabido dar nuevo impulso a la sociedad, creando una notable rondalla y una excelente sección de declamación, para la cual a escrito varias obras teatrales acogidas con aplausos en todas las representaciones que han tenido. La actividad y las iniciativas del señor Fernández Arreo son justamente apreciados y secundados con entusiasmo por todos los socios de La Oliva.
Deseamos a este orfeón nuevas ocasiones en que demostrar con provecho lo muchisimo que vale; y sirva-le de humilde cuanto sincero homenaje, esta croniquita que me atrevo a firmar.
Vigo diciembre de 1897.
(4) En planos aparecía como Romea ou Teatro Cervantes, pero na apertura ao público, ocorrida en 1900, era xa o Teatro Rosalía de Castro.
(5) Vigo contou cun gran teatro en 1832. Situado, extra muros, na praza da Princesa esquina coa Porta do Sol, fora construído por iniciativa do rico comerciante Norberto Velázquez Moreno. Aquel Teatro de Vigo, gabado por Nicolás Taboada Leal como o mellor da Galicia do seu tempo, funcionou durante case medio século, até que en 1882 abriu outro máis amplo e moderno, o Teatro-Circo Tamberlick. Este segundo teatro vigués, concibido polo mestre de obras Domingo Sesmero como un espazo polivalente, serviu na rúa do Circo (hoxe Eduardo Iglesias), durante case un século, como teatro, circo, primeiro cine vigués e foro político.
(6) Gaceta de Galicia de 12/04/1882.
(7)El norte de Galicia de 21/07/1902.
(8)Gaceta de Galicia: Diario de Santiago de 27/06/1903.
(9)Esta parcela fora cedida a Benito Gómez González por Ceferino Luis Maestú, quen a adquirira en remate público. A corporación municipal, en sesión ordinaria celebrada o 26.01.1888; acordara aprobar o traspaso con todas las condicións impostas e aceptadas polo Sr. Maestú.
(10)A reseña do seu falecemento, publicada no xornal, El eco de Galicia de 20 de marzo de 1908, destacaba que «El Sr. Gómez González era generalmente estimado por su honradez y excelente carácter. Perteneció al partido republicano, por el cual fue una vez elegido concejal. En la actualidad poseía el Hotel Restaurent Universal que es uno de los establecimientos más acreditados en su género. El finado era padre del arquitecto señor Gómez Román y padre político del Vista de Aduanas Dr. Paedo».
(11)O 16 de xuño de 1928, anuncio publicado en El Pueblo Gallego: Presentación, na incomparable terraza-xardín do hotel Universal da famosa orquestra KANACOS-Jazz. Como en anos anteriores nesa época ese lugar, único en Vigo, seguía a ser o punto de reunión e de moda do público máis selecto e en xeral de todos os amantes da boa música.
O 10 de agosto de 1928, o mesmo xornal anunciaba o éxito obtido pola Orquestra Dyvool. O 16 de xullo de 1929, nun amplo artigo, comentaba o éxito no debut da “Orquesta Los Galindos”. Orquestra que viña de actuar no Casino de Madrid e no Kursal de San Sebastián, e que estaba integrada por profesores premiados polo Real Conservatorio de Madrid. Os Galindos, volvería a actuar no mes de xullo de 1931. Nese mesmo ano, debutaría a orquestra “JERMANN”, quen, segundo a información subministrada pola empresa, viña precedida de éxitos conseguidos en Madrid e as principais poboacións de España. No ano 1934 anunciábase a actuación da “notable Orquesta Goya”, que contaba coa participación do acreditado co primeiro premio do Conservatorio de Madrid, violinista Sr. Jarla. En 1935, sería a Orquestra Radio, que ofrecería concertos diarios. Unha semana antes do Golpe militar contra o lexítimo Goberno da República, anunciábase a actuación da orquestra “Tin Marsan” que realizaría actuacións de tarde e noite.
Os anuncios deixarían de publicarse e, as actuacións no se volverían a producir, ata o ano 1945. O 16 de xullo un modesto anuncio publicado en El Pueblo Gallego, anunciaba a recomezo dos concertos coa a actuación do sexteto “CREACIÓN”. 0 22 de xullo anunciábase a actuación do Quinteto Trebol, conxunto musical que interpretaba tanto música clásica como moderna. En 1948, o quinteto “PARAMOUNT”, que viña acompañado da vocalista Angelines Triguero e que comprometía actuacións diarias de tarde e noite.
No ano 1955, a empresa Universal anunciaba a recomezo dos concertos, o 2 de xullo coa presentación da Orquestra Abalos “excelente conjunto musical de brillante sonoridad y alegre ritmo”, indicábase no texto do anuncio publicado no xornal El Pueblo Gallego.
Nesta década comezan a anunciarse animadas festa organizadas para celebrar a cena de Fin de Ano. No ano 1958, subliñando o “acogedor ambiente”, que as asistentes encontrarían, motivaban a asistencia co estimulo sun “Regalo personal sorpresa”. O 23 de decembro do ano 1962, o Hotel Universal, previas felicitacións de Pascuas e desexo de ventureiro ano, abría o período de solicitude de mesas para a cena e a animada festa de Fin de Ano.
Os actos na terraza xardín seguirían realizándose tal como viña ocorrendo, case que sen interrupcións, desde a apertura en 1892; así, no ano 1963 volveríase a repetir o ritual de anuncio de inauguración de tempada. Nesta ocasión coa intervención estelar dun conxunto musical que dirixía ” a excepcional violinista OLGA RAMOS” (na ilustración), ofrecéndose ademais a actuación da cantante de melodías modernas, MARISA; e, da interprete da canción española CHELO MORÁN. As actuacións complementábanse co servizo de “restaurant” e “dentro de un grato y distinguido ambiente en la mejor y confortable terraza de verano de Vigo”.
As inauguracións de tempada de verao e a celebración da despedida de ano, continuarían anunciándose ano a ano. Un par de novos exemplos: o 13 de xuño de xuño de 1964, coa intervención do Quinteto Veracruz, Amparito (La voz de oro de Madrid) e Mary Sol Campos e, a Cena-Baile de Fin de Ano de 1966, amenizada pola actuación dunha “Gran Orquesta que garantizaba ritmo e alegría”.
(12) ademais de pasaxeiro transportaban mercadorías e a estafeta. Por lei os ferrocarrís da época situaban o vagón de primeira (os de billetes de máis elevado custe) entre os de 3ª e 2ª, a fin de protexer a estes pasaxeiros, dos accidentes que se poderían producir por impacto con outros trens.
(13)Este xurista, xornalista e político galego fora, xunto a Segundo Moreno Barcia, inspirador e redactor do Proxecto de Constitución para o Estado Galaico de 1887. O artigo segundo deste proxecto dicía así: «Esta rexión eríxese en Estado autónomo ou soberano, e adopta a forma democrática-republicana para o seu goberno»
(14) Del estómago.—Las dispepsias (dificultad de digerir), atónicas catarral y flatulenta, dilatación del estómago, gastralgias (dolor de estómago), catarros crónicos, vómitos, ácidos y hasta las úlceras, por medio do un tratamiento especial y del cual contamos muchas curaciones. Del pecho.—Catarros crónicos, expectoración difícil y sanguinolenta, tos, bronquitis crónica, asma y tisis en sus primeros períodos, que tratamos por inyecciones medicamentosas modernas y de jugos orgánicos pulmonares, de resultados sorprendentes. Nerviosas.— Vahídos, histerismo, neurastenia, hipocondría, neuralgia, palpitaciones nerviosas, epilepsia, falta de sueño, memoria y parálisis. Afecciones de las vías genito-urinarias.— nefritis. cistitis, matriz, impotencia y sifilíticas. Hernias (quebraduras).—Se combaten por método «Especial Externo Medicinal Comprensivo».
(15)La instrucción que debería tener la mujer
En los modernos tiempos en que se ha dado importancia suma á la instrucción que debería darse á la mujer colocada en la sociedad, haciéndole participar de todos los humanos conocimientos, incluso aquellos que antes únicamente eran dominio del hombre, convendría hacer algunas observaciones acerca del rumbo que debería seguirse en la instrucción de esa mitad del género humano.
No hace ni medio siglo, que mujeres instruidas no más se encontraban en los claustros, negándose a las niñas hasta el aprender á leer y escribir, para que por medio de estas luces no se abriera su inteligencia, no vislumbrasen aquellos secretos que sus padres les tenían vedado penetrar. Y así, exceptuando estos faros de la religión, las demás mujeres vivían sumidas en la más crasa ignorancia.
Hoy día, habiéndose roto las cadenas de la ignorancia, la instrucción de la mujer llega á ser tan vasta como la del hombre, y en las naciones modernas la vemos ejercer las mismas profesiones que el hombre, y más aún, alguna abandonando el hogar doméstico y los quehaceres propios de su estado, se lanza á los clubs haciendo discursos, que llegan á exaltar los ánimos de una nación entera.
Algunas familias, comprendiendo que la instrucción de sus hijas consiste en el lujo y en la vanidad, les hacen aprender dos ó tres idiomas, desconociendo muchas veces la lengua de nuestra amada patria; en labores de que nada sirven y en otras superfluidades, que no acarrean más que gastos y de las que nunca jamás sacarán provecho.
No diremos tampoco que se haya de negar la instrucción á la mujer, muy al contrario; se le han de inculcar desde niña aquellos conocimientos útiles y necesarios, que le servirán algún día colocada en la sociedad, ya como madre de familia, ya como instructora delas de su sexo.
Conviene que no solamente tenga nociones de lectura y escritura, sino que es necesario poseer conocimientos gramaticales de nuestra lengua, para poder comunicarse con los demás, y para no tener que confiar los secretos de familia á otras personas que pueden perjudicarla.
También es necesario que tenga conocimientos de cálculo, y para saber administrar sus propios intereses, como también para poder suplir la falta de su marido en los casos de ausencia ó enfermedad; como igualmente para notar las entradas y salidas á fin de que no asciendan más los gastos que los ingresos.
Bueno será también que tenga ligeras nociones de higiene y economía doméstica, ya para la conservación de la salud, como para criar á sus tiernos hijos fuertes y robustos, y evitar aquellos gastos superfluos que pueden arruinar la familia.
En las labores es preciso que sepa además de coser con perfección, remendar las ropas usadas y practicarse en los zurcidos como también conocer el corte de las prendas de uso, y no solamente es necesario que lo ejerzan las niñas poco acomodadas sino también las de elevada posición, recordando que la augusta hija del rey Luis XVI de Francia, estando presa con su familia en el período de la revolución, se vio precisada á arreglarse y coserse sus vestidos.
Sobre todo es indispensable que esté fortalecida en la moral cristiana, á fin de conocer les principios fundamentales de nuestra religión y los preceptos que el Supremo Hacedor imprimió en el corazón del hombre y que son el fundamento de la buena armonía social, de la tranquilidad doméstica y del bienestar terrenal y eterno. Pues la religión dá vida al corazón y alegría al alma y es un lenitivo en nuestras adversidades y miserias.
De este modo, podrá inculcar á sus semejantes el amor á la virtud, al trabajo, á la economía, á la ilustración y en una palabra todo aquello que puede labrar la felicidad, huyendo de lo superfluo y aborreciendo el vicio y la ignorancia, causa de todos los males que nos afligen.
R. M. P.
(16)El nuevo dueño del Hotel Universal de Vigo D. Joaquín Rodríguez propietario del restaurante “El Moderno” de Redondela ha vendido este a D. Justo M. Tojeiro. (La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra: Año XX Número 5499 – 10 junio 1908.
(17)Mais adiante, faríase cargo do restaurante redondelán o seu fillo José Rodríguez Martínez. Durante moitos anos a cociña deste establecemento contou con grande sona, como exemplo dicir que en 1929 o concello de Porriño encargoulle o banquete que celebrou na honra de Antonio Palacios, á que estaban convocadas persoas sobranceiras de toda Galicia.
(18)El sábado se verifico en el Gobierno Civil de esta provincia la subasta de los servicios de fonda y hospedería del Lazareto de San Simón durante cinco años. No hubo mas postor que D. Joaquín Rodríguez, dueño del hotel Universal de Vigo, al cual le fue adjudicado. El señor Rodriguez recibirá una indemnización de 1.500 pesetas anuales y tendrá que prestar una fianza de 10.000 pesetas. El Correo de Galicia : Diario independiente de avisos y noticias: Num. s.n. (02/06/1909).
(19)Hotel de antiga e ben cimentada fama localizado na rúa de Príncipe da cidade de Vigo.
(20)Gaceta de Galicia (20/04/1911)
(21)O sábado 8 de marzo de 1924, o Faro de Vigo, publicaba unha nova anunciando a celebración dun banquete no restaurante do Hotel Universal, a fin de poñer fin ás festas do entroido dese ano. Atribuíase a organización do evento a Julio Rico Mier, en consideración de Propietario do Establecemento hoteleiro. Non puido ser contrastada a veracidade desta información nin encontrada explicación algunha á situación: tratouse dunha efémera propiedade; era Julio Rico, socio de Enrique Barciela?; foi un erro ou imprecisión do redactor do xornal ???.
(22)(El Pueblo Gallego, 05.08.1928).

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA

  1. ARQUIVO E HEMEROTECA MUNICIPAL DE VIGO. Expediente: casa en la calle Carral, propiedad de D. Benito Gómez González- I.P.: Genaro de la Fuente y Domínguez (30 de mayo de 1888).
  2. CONCELLO DE VIGO. CULTURA. Hotel Universal. http://hoxe.vigo.org/movemonos/h_universal.php?lang=gal#/
  3. WIKIPEDIA. Hotel Universal. https://gl.wikipedia.org/wiki/Hotel_Universal
  4. VÁQUEZ GIL, LALO/GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, X. MIGUEL. Os alcaldes e os concellos de Vigo. Os alcaldes do XIX. Páx. 56. Ediciones Cardeñoso /978-84-87379-70-3/.
  5. PATRIMONIO GALEGO. Hotel Universal. http://patrimoniogalego.net/index.php/19635/2012/05/hotel-universal/
  6. HOSTELTUR. AC Hoteles rehabilitará el Hotel Universal. https://www.hosteltur.com/05713_ac-hoteles-rehabilitara-edificio-antiguo-hotel-universal-vigo.html
  7. MARTIÑON F.M.S. (16.09.2012). Barciela Iglesias, paradigma de la “cultura del esfuerzo”. Faro de Vigo. http://www.farodevigo.es/opinion/2012/09/16/barciela-iglesias-paradigma-cultura-esfuerzo/683501.html.
  8. ALONSO M. (01.08.2008). El hotel Universal recupera su terraza, que será acristalada Atlantico. Atlántico. http://www.atlantico.net/articulo/vigo/hotel-universal-recupera-terraza-sera-acristalada/20080802100544043148.html.
  9. FUENTE Mª.J; ANTÓN S. (30.05.2009) Compré la barra del Hotel Universal y monté el primer bar para mujeres. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2009/05/30/compre-barra-hotel-universal-monte-primer-bar-mujeres/0003_7751610.htm.
  10. VIGO, CIUDAD OLÍVICA. FOTOS ANTIGUAS. (10.06.2014). Foto da orquestra de Olga Ramos. (https://www.facebook.com/369945483110187/photos/a.434235026681232.1073741825.369945483110187/536221743149226/).
  11. EL Sr. PI Y MARGAL EN VIGO. (27.09.1892). Faro de Vigo.Portada
  12. EL CENTRO REPUBLICANO DE VIGO (28.03.1893). Faro de Vigo.
  13. BANQUETE MILITAR. (24.01.1906).Faro de Vigo. Portada
  14. ENTRE PERIODISTAS, Un almuerzo.(25.08.1908) Faro de Vigo. Portada
  15. CONSULTORIO ENFERMEDADES CRÓNICAS. (02.07.1909)Faro de Vigo.
  16. HERNIAS Y QUEBRADURAS. (07.07.1909). Faro de Vigo.
  17. EN LA CASA CONSISTORIAL. APROBACIÓN DE DICTÁMENES. Fixando Rasante para a construción da s parte do edificio para Benito Gómez González. (10.12.1904) Faro de Vigo.
  18. SESIÓN PERMANENTE DEL AYUNTAMIENTO (22/03/1930). Aprobando solicitud de instalación de toldoEl pueblo gallego.
  19. Num. 5225 (02/06/1908)COMPRA DEL HOTEL UNIVERSAL por Joaquín Rodriguez, que lo ha adquirido de los Sres. Gómez Román La idea Moderna: Diario democrático en Lugo.
  20. ADXUDICACIÓN DOS SERVIZOS DE FONDA E HOSPEDERÍA dO Lazareto de San Simón. (02/06/1909)El Correo de Galicia: Diario independiente de avisos y noticias.
  21. Faro de Vigo.
  22. Faro de Vigo.
Advertisements
Estas entrada foi publicada en Casas de Vigo coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s