Casas de Manuel Bárcena Franco (1879)

A Casa Barcena actualmente

A Casa Barcena actualmente

Sete casas para particulares, era o seu nome orixinal e pretendía ser a obra civil mais grandiosa, nun tempo, no que a burguesía da cidade rivalizaba co boato e a ostentación das construcións, a fin de mostrar o seu poder económico e o seu prestixio social. De estilo ecléctico, o edificio, de tres andares, realizado en granito de cantería, está situado no ángulo que forman as rúas de Policarpo Sanz e Velázquez Moreno 24-26. O promotor da edificación foi Manuel Bárcena Franco, primeiro Conde de Torrecedeira. Este edificio, que foi a segunda obra na cidade do Mestre de Obras, Jenaro de la Fuente Domínguez, reflicte como ningún outro unha das principais características do estilo ecléctico: a diferenciación en cada planta da ornamentación e do tipo de vans.

As dúas longas fachadas, enlázanse mediante un chafrán con galerías. O arquitecto, fiel ao seu estilo, organiza cada unha das frontes de xeito simétrico, cun corpo central mais adiantado, destacado en altura, e co paramento almofadado(1) onde resaltan as molduras (2) dos arcos de medio punto sustentados por pilastras, e o frontón triangular, sobre o van central do terceiro piso. fachada-con-vinetasPara os linteis dos vans dos corpos adxacentes ao central, o arquitecto, recorre aos arcos rebaixados. Na fachada de Policarpo Sanz, destacan as tres claves(3) dos arcos de acceso principal, que acollen, excelentemente labradas, tres cabezas de muller rodeadas de follaxe e pregaduras; na súa parte inferior unha ten o caduceo (4) , símbolo do comercio; outra, unha roda dentada, símbolo da industria, e a terceira, unha fouce e outros apeiros do campo, símbolo da agricultura._fpo0751 A subliñar por último o coroamento do edificio resolto cunha balaustrada para os corpos laterais e cun peitoril de tres arcos para o corpo central, onde se insiren tres ollos de boi de forma elíptica e as iniciais, MB, do promotor. Tanto o peitoril como a balaustrada están decoradas con vasos.

Orixinalmente foi construída para uso residencial, ata que en 1928 foi adquirida pola “Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo”, que o converteu na súa sede. En 1955, co traslado da Caixa, o edificio poríase en réxime de alugueiro para usos comerciais. No 2003, e despois dun proceso de fusión de Caixas (Vigo, Pontevedra e Ourense), que deu lugar a marca Caixanova, esta entidade rehabilitou o inmoble para convertelo na súa sede social; con esta restauración creouse un xardín interior co fin de proporcionar luminosidade a todas as plantas. Despois de 2010 e no marco da reestruturación bancaria española, a fusión de Caixanova e Caixa Galicia deu lugar a entidade Novacaixagalicia (NCG), cambiándose a denominación do edificio a “Centro Social Fundación Novacaixagalicia”. Desde 2014, despois de que “Banesco” tomara o control de NCG e creara a marca comercial “Abanca”, a “Fundación Especial Novacaixagalicia Obra Social”, pasou a denominarse, “Fundación Galicia Obra Social” (coa denominación comercial “Afundación”).

MANUEL BÁRCENA Y FRANCO

Retrato ao óleo de Manuel Bárcena

Retrato ao óleo de Manuel Bárcena

Manuel Bárcena y Franco, naceu en Vigo, o 26 de agosto do ano 1834, morrendo, ibidem, o 14 de xaneiro de 1908, cando contaba con 74 anos. Descendente de familia adiñeirada foi educado en Gran Bretaña e coñeceu varios países chegando a falar varios idiomas, cousa pouco común entre os seus coetáneos. Casou con Dolores de Andrés coa que tivo cinco fillos. Polos méritos acumulados, o 3 de xaneiro de 1891, a raíña rexente (1885-1902), María Cristina de Habsburgo-Lorena, outorgoulle o titulo de conde de Torrecedeira en referencia ao Pazo de Torre Cedeira (5) , en Redondela.

De familia orixinaria de Cantabria, o seu bisavó, Gaspar, recalara en Galicia cando finalizaba o primeiro terzo do século XVIII. Tanto o seu avó Bernardo Bárcena de la Concha, como o seu pai Manuel Bárcena Bustillo, desenvolveron nunha ampla gama de quefaceres, permitíndolles ir cimentando un importante patrimonio familiar. Bernardo e Manuel, movéronse no eido empresarial, o primeiro como comerciante, prestamista e armador de buques. Manuel, debido aos cambios producidos no panorama económico de principios do XIX, primou máis a actividade industrial, a salga de peixe, e sobre todo, a industria do coiro. Máis tarde Manuel Bárcena Bustillo, co transporte de emigrantes, ampliaría o negocio como armador; afianzaría a actividade crediticia con préstamos para o financiamento de expedicións marítimas, e impulsaría novos negocios neste eido, como a exportación de gando vacún a Inglaterra e o abastecemento de carbón aos barcos de vapor que recalaban no porto de Vigo. En todas estas actividades, máis adiante, teimaría o primeiro conde de Torre Cedeira. Manuel Bárcena Bustillo, casou con Pilar Franco Menéndez e tiveron oito fillos, entre os que, Manuel, ocupaba o segundo lugar. Tres anos antes do seu pasamento ocorrido en 1860, Manuel Bárcena Bustillo, regulou a administración de todos os ben familiares, de xeito que á súa morte, esta pasaría a mans dos seu tres fillo maiores; as mulleres, como era común na época (educadas para o matrimonio), quedaban afastadas da xestión do patrimonio familiar. Finalmente, dado o pouco interese mostrado polo fillo maior, Leopoldo, todo quedou nas mans de Manuel, a quen, unha vez conseguida a maioría de idade, uniríase Augusto.

Hnos. Bárcena Franco. Arriba (Manuel, Concha e Angélica) sentados (Augusto e a súa dona María Saracho)

Hnos. Bárcena Franco. Arriba (Manuel, Concha e Angélica) sentados (Augusto e a súa dona María Saracho)

A década do 60 constituíu unha xeira favorable para a refundida empresa co nome de “Menéndez y Bárcena”; e todos os negocios herdados (o bancario, o consignatario, o do carbón, o de exportación de gando, o da elaboración de curtidos), continuaron coa súa expansión e bos resultados. A morte de Pilar Franco, en 1872, non alterou a marcha; agora os dous irmáns, Manuel e Augusto, seguiron adiante cos negocios, hogano, coa denominación de “Manuel Bárcena y Hermano”. Non foi ata o ano 1881 cando deciden poñer fin ao traballo conxunto, liquidando a empresa familiar, e seguindo cada un o su propio camiño, aínda que as respectivas traxectorias non foron moi diferentes. Ocupáronse do mesmo tipo de actividades empresariais (banca, consignación, negocio inmobiliario, etc), e os dous tiveron destacada presenza na vida política e na representación consular.

A continuación, coa finalidade de ir completando o perfil da figura de Manuel Bárcena Franco, comentaranse, cronoloxicamente, algunhas das novas máis destacadas que, sobre a súa persoa e actividades a prensa escrita desa época foi publicando.

       Contando con 34 anos e militando no Partido Progresista (6) participa, como vicepresidente da Xunta Revolucionaria de Vigo, no levantamento revolucionario de setembro de 1868 (La Setembrina). Tras o Pronunciamento de Martinez Campos (1874), que pon fin a primeira República e abre o período coñecido como o da Restauración Borbónica; Manuel Bárcena dá un súbito xiro político afiliándose ao Partido Conservador (7) de Canovas del Castillo, de quen foi amigo persoal, e no que militaría ata a súa morte.

       O 8 de febreiro de 1870 o xornal “El Pueblo Gallego”, daba conta do emprazamento en Vigo dunha axencia dos EEUU e da designación de Manuel Bárcena Franco para rexentala. Máis tarde substituiríao no cargo Camilo Molíns quen a exercería durante vinte e cinco anos. Como consecuencia da guerra de Cuba (1898), librada entre España e os Estados Unidos, os dous países romperon as relacións suspendéndose os servizos de consulado. Manuel Bárcena foi ademais cónsul de Alemaña, Bélxica, Rusia e vice de Inglaterra e Dinamarca.

       “El Correo Gallego” anunciaba o 4 de setembro de 1879 a constitución da Corporación municipal viguesa, que ata o final do seu mandato en 1881, estaría presidida por Manuel Bárcena y Franco. Durante este tempo o concello liderou e/ou apoiou moitas medidas transcendentes para o progreso da cidade. Unha das máis importantes foi a constitución de «La Caja de Ahorros y Monte de Piedad» de Vigo, nacida coa intención de combater a usura dos prestamistas que se cebaban nas clases socias máis necesitadas. “La Concordia de Vigo”, nun artigo reproducido por “El Correo Gallego” de 20 de febreiro de 1880, plasmaba claramente esta situación e saudaba a creación da entidade desta maneira: «El Monte de Piedad será, como todos los de su clase, el paño con que enjuagar sus lagrimas el infeliz hermano nuestro cuyo infortunio le obligue a llamar a sus puertas», e continuaba dicindo máis adiante; «D. Manuel Barcenas, quiere significar en el mas alto grado su amor al pueblo que le vio nacer, dotándolo de una Caja de Ahorros y Monte-Pío».

Arredor de 1930, sede da "La Caja de Ahorros-Monte de Piedad"

Arredor de 1930, sede da “La Caja de Ahorros-Monte de Piedad”

A constitución da Caixa de Aforros Municipal de Vigo acaeceu o 17 de xuño de 1880, nese día a entidade aprobou os primeiros estatutos creacionais. O 9 de outubro dese ano o periódico “El Correo Gallego” daba a coñecer o comezo das actividades: «Funcionó ayer por primera vez, como estaba anunciado, “La Caja de Ahorros-Monte de Piedad”, establecida provisionalmente en una habitación de la nueva cárcel. Efectuáronse diez imposiciones ascendentes en total a 6.285 pesetas, de las cuales 5.000 fueron depositadas por el plazo de un año y sin interés por el Excmo. Sr. D. Manuel Bárcena y 1.000 en iguales condiciones por el Sr. D. Simeón Oya, a cuyos distinguidos vecinos debemos agradecer la atención que les merece esas beneficiosas instituciones. En ese primer día no ha habido empeño alguno».

       l-ilustracion-gallega-e-aA revista “La Ilustración Gallega y Asturiana”,(8) editada en Madrid e propiedade de Alejandro Chao, no seu número 10, de 8 de abril de 1880, con motivo dunha visita a Madrid do «antiguo amigo Sr. D. Manuel Bárcena», «digno Alcalde Constitucional de Vigo, a quien tanto debe ya y deberá la población cuyos intereses le está confiados», resaltaba a súa figura, á vez que mostraba a confianza que nel se tiña depositado para conseguir moitas das aspiracións que, desde tempo atrás, a cidade teimaba satisfacer: «Viene a Madrid a activar y llevar a cumplido término los notables proyectos de engrandecimiento y mejora de aquel gran puerto, proyectos de los cuales hemos dado ya cuenta oportuna a nuestros lectores, y tendremos ocasión de ocuparnos de nuevo a lo sucesivo. El paso del Sr. Bárcena por el Ayuntamiento de Vigo ha de ser fecundísimo. El empréstito, las obras de ensanche de la población, los del nuevo teatro, el muelle, en una palabra, todas aquellas mejoras tan reclamadas por la opinión y tan en vano esperadas, serán un hecho que se deberá a la iniciativa poderosa e impulso de nuestro amigo. Bien lo comprende así aquella población que, deponiendo en aras de bien público todo género de prevenciones y afectos políticos, se unió en un solo haz, secundando los esfuerzos de su Alcalde, los estima en lo que vale, y se apresta con entereza en el porvenir, á hacer toda clase de sacrificios con tal que redunden en pró de los intereses materiales de la población».

O Edificio Moderno na actualidade.

O Edificio Moderno na actualidade.

Manuel Bárcena pode ser considerado un verdadeiro empresario inmobiliario. Tivo moito que ver no deseño e configuración do primeiro ensanche de Vigo, no que puido desenvolver as súas cualidades de promotor urbanístico. Impulsou a agrupación de leiras nos novos espazos creados como resultado do trazado de rúas, aumentando así o seu valor, edificando por conta propia para, en moitos casos, alugar e obter rendas. O edificio Bárcena é un bo exemplo desta estratexia: Manuel Bárcena dispoñía dunha leira na Fervenza (a actual Velázquez Moreno), e no ano 1878 mercou seis leiras lindeiras, dúas delas cualificadas como rústicas. Sobre parte do eido resultante o concello abriu a travesía que comunicaba a rúa do Príncipe coa actual de Policarpo Sanz. Foi aí onde o noso empresario inmobiliario construíu o edificio que leva o seu nome. Outro destacado edificio por el impulsado foi, o situado na Porta do Sol, e coñecido polo nome de “El Moderno” (recibiu o nome do famoso hotel que estivo alí instalado). O inmoble, destinado a vivendas de renda, iniciou a súa construción no ano 1897 seguindo o proxecto elaborado polo arquitecto francés Michel Pacewicw. Posteriormente, tras a renovación realizada por iniciativa de Cesáreo González no ano 1953, albergou o “Gran Hotel”. “La ilustración Gallega y Asturiana” de 18 de febreiro de 1880 revelaba: «Dícese que la próxima primavera se emprenderán en esta ciudad los trabajos de edificación de 20 grandes casas particulares en las calles del Ramal y Circunvalación, lo cual hace augurar un buen año para la clase obrera. Juzgando por las noticias adquiridas, nada exagerado debe conceptuarse el número, si en el se incluye una de la Sra. Viuda de Quirós cuyos primeros trabajos ya empezaron, y siete notables edificaciones del Sr. D. Manuel Bárcena, ya cimentadas».

       Finalizando o exercicio na alcaldía, continuaba impulsando proxectos encamiñados á mellora das condicións de vida dos veciños da cidade. “La Ilustración Gallega y Asturiana” no seu número 4 (08/02/1881) daba a coñecer os tramites para o establecemento dun colexio de primeira e segunda ensinanza así como dunha escola de comercio, consideradas desde tempo atrás unha urxente necesidade para a cidade de Vigo. «Para atender a tal fin, reuniéronse el domingo 30 del pasado, bajo la presidencia del señor alcalde D. Manuel Bárcenas los señores Padín, Barreras, Méndez Brandon, R. Curbera, More, Iglesias, Vidal Valero, Allones, Dominguez, y los directores de los periódicos locales. Acordóse prescindir en absoluto para la futura instalación de toda idea de influencia política, y nombrar desde luego una comisión, á cuyo cargo corriese la formación de bases presupuestos, etc, etc. Resultaron electos los Srs. D. Jacobo Dominguez, Eduardo Méndez Brandon y Daniel Vidal Valero, de quienes espera Vigo, y esperamos nosotros, la mayor actividad, ya que nos son bastante conocidas su discreción y competencia» [sic].

       O vencello á iniciativas relacionadas co desenvolvemento xeral da cidade e a mellora das condicións de vida da poboación, perdurou máis alo do desempeño do cargo de Alcalde. O 22 de agosto de 1884, como resultado dun meeting popular celebrado o día anterior no Teatro Circo Tamberlick, foi elixido para formar parte da Comisión (9) que se encargaría elaborar as propostas que, de levarse a cabo, deberían contribuír ao progreso de Vigo e ao benestar do pobo. Recollía o 22 de agosto de 1884 o xornal “El Diario de Vigo”.

Publicado en, Santiago: revista Literaria (1901)

Publicado en, Santiago: revista Literaria (1901)

En relación coa actividade consignataria, “La Gaceta de Galicia”, reproducía o 30 de xuño de 1882 unha nova recollida do diario “La Concordia” co seguinte texto: «Procedente de Southampton llegó a las seis de la tarde de ayer a nuestro puerto el vapor Inglés que viene consignado á D. Manuel Bárcena, para exportar ganado vacuno. Cuatrocientos bueyes vivos embarcarán pasado mañana en ese buque». “El Correo Gallego” de 5 de agosto dese mesmo ano abundando no tipo de actividades consignatarias dicía: «El total de bueyes exportados por el puerto de Vigo para Inglaterra durante el mes de Julio último asciende a 1.150 que condujeron los vapores Lisbon 100; Valdés 120; Cadiz 120; Peirel 320; Miguel Saez, 70: Gibraltar 130 y Petrel 300. Los exportadores fueron D. Manuel Bárcena por 620, la señora viuda de Llera y compañía por 250, y los Sres. González é hijo por 180».

       O 22 de xaneiro de 1885, a “Gaceta de Galicia”, na sección Noticias de Vigo, anunciaba a apertura da sucursal do Banco de España na cidade, cuxa necesidade, dicía, «se ha dejado sentir hace bastante tiempo». Estaría dirixida por Francisco de Paula Areal, e na lista de persoal de oficinas que o periódico publicaba, encontrábase como Administrador numerario “O Excmo. Sr. D. Manuel Bárcena y Franco”, cargo que compartía con D. Francisco Martinez Viloch y D. Eudoro Pardo Labarta. O día 26 de agosto o mesmo periódico informaba da instalación das oficinas da Estación telegráfica y Cable submarino na casa de Manuel Bárcena situada na rúa de Veláquez Moreno. O mesmo día, divulgaba a seguinte azueira: «Manuel Bárcena, en respuesta a la ocupación de las Islas Carolinas por Alemania (10) presento la renuncia al cargo de vicecónsul de este pais». Poucos días despois, o 10 de setembro, confirmaríase a renuncia.

       A mesma publicación, o 30 de setembro do mesmo ano 1885, na sección dedicada a difundir os habituais desembarcos de persoas e mercadorías tan habituais no porto de Vigo, referíase, nesta ocasión, ao vapor alemá “Franfurt”, procedente de Montevideo e Bos Aires. Salientaba que, debido ao desembarco de 29 pasaxeiros, tivera que pasar polo lazareto de San Simón(11) . Informándose tamén do desembarco de mercadorías: «Condujo también 4002 cueros para D. Francisco Tapias. 743 para don Agustin Curbera, 246 para don Manuel Bárcena. 1600 para José Tivas. 1200 para D. Augusto Bárcena y 50 fardos de tasajo (12) para los señores Troncoso hermanos». Dous anos despois, e tamén a modo de exemplo desta continua actividade importadora, o 8 de febreiro de 1887, o Faro de Vigo daba conta da seguinte nota informativa: « El “Ohio”, dejo también en San Simón 9.516 cueros, que vienen consignados: 2,876 á D. Francisco Tapias, 2.460 á los Sres. Sitja é hijos, 2.000 á D. Mariano Pérez, 778 á D. Agustín Curbera, 578 á Francisco Curbera, 578 á D. Manuel Bárcena. Poco después de abandonar á Buenos Aires el “Ohio” se suicido á bordo de este buque un pasajero de nacionalidad inglesa».

       A súa intensa e longa vida política, constituía unha importante fonte de noticias, que con frecuencia a prensa escrita plasmaba: O 23 de maio de 1886, “El Eco de Galicia”(13) , publicación editada na Habana, informaba da candidatura ministerial para senadores pola provincia de Pontevedra. A compoñen, dicía, «don Juan Manuel Landa, don Luis Rodriguez Seoane y don Ramón Sanjurjo Pardiñas. De oposición se presenta solamente, que sepamos, don Manuel Bárcena y Franco».

      Uns días antes o mesmo xornal amosaba a Manuel Bárcena como Depositario de “La junta de la Sociedad Española de Salvamento de Náufragos en Vigo” que presidía o comandante de Marina Felipe Menéndez e salvamento-maritimo-iida que tamén formaba parte como vocais: Antonio López de Neira, José Barreras y Casellas, Teodoro Sánchez y Patiño, Zenón Padin, Miguel Mulleras, Francisco Tapias, Eladio de Lema e, na que exercía de secretario Juan Buch y Carsi.  A Sociedade crearase en Vigo en 1881, formando parte da “Sociedad Española de Salvamento de Náufragos”. No ano 1902 Antonio Sanjurjo Badía, o seu presidente, acordaba coas autoridades construír unha estación de salvamento no porto, sufragada pola Sociedade. Este edifico, en 1917, sería usado como sede do Instituto Oceanográfico de Vigo, pasando a estación de salvamento a Baiona.
A Sociedade Española de Salvamento de Náufragos, nacera como unha tentativa para evitar as mortes que acompañaban normalmente todo accidente marítimo e reclamar as medidas destinadas a impedilas. A pesar destas iniciativas, a situación non se modificou no tempo na forma pretendida. En Galicia son moitos os exemplos a mostrar. O caso do  naufraxio do pesqueiro “La Isla” en A Coruña, no ano 1970, noventa anos despois da constitución da Sociedade de salvamento, resulta paradigmático.

              «O pesqueiro “La Isla”, regresaba do Gran Sol cunha boa marea de pescada. Eran as seis da mañá, e a 100 metros da Torre de Hércules, a embarcación, unha “vaca”, bate contra os baixos existentes entre as pedras “O Boi” e “A Vaca”. O barco afunde e os mariñeiros, agarrados á madeiros, berran desesperadamente pedindo auxilio. Os veciños do barrio de “As Lagoas” escoitan os choros, os berros de socorro dos mariñeiros e ven como algúns levantaban as mans nun último e inútil esforzo de pedir auxilio. Os están vendo, están moi preto, algúns dos rapaces que vivían nas chabolas teiman por tirarse ao mar, pero son suxeitados por outros veciños do barrio; sería inútil, o mar non o permite. Houbo 14 mortos. Un só supervivente. A ausencia de medios de rescate (non había lancha de salvamento ni helicóptero, nin protocolo pensado) sacudiu, unha vez máis, as conciencias da opinión pública galega».

       Finalizando o ano 1886, “El Faro de Vigo” publicaba unha información sobre a reunión celebrada no salón de sesións da Casa Consistorial, co obxecto de levar a cabo a constitución definitiva da Cámara de Comercio. A sesión presidíaa Manuel Bárcena Franco quen, no inicio da reunión expuxo as vantaxes que podería reportar ao comercio e a industria dita Cámara, ofrecéndose para prestar a maior cooperación e toda a súa valiosa influencia. Despois da lectura do articulado, polo que se rexería a Cámara, este foi aprobado por unanimidade. A elección dos cargos produciuse nunha posterior sesión realizada o 26 de novembro, resultando: presidente (Manuel Bárcena), vicepresidente (José Ramón Curbera), contador (Francisco Molíns), depositario (Apolinar García), secretario (Fernando Conde Domínguez); ademais de nove vocais, o persoal de oficina (un oficial e un escribinte) e un ordenanza.

       A publicación semanal “La Hoja oficial del lunes”, de 21 de xuño de 1888, incluía a seguinte información relacionada coas actividades diplomáticas do conde de Torre Cedeira: «Ayer almorzó con el comodoro de la escuadra inglesa a bordo de la fragata capitana, el cónsul de S.M. Británica en Vigo, Excmo Sr. don Manuel Bárcena». As obrigas políticas de Manuel Bárcena obrigábano a residir por longas tempadas en Madrid, a mesma “Hoja del lunes” o 19 de decembro subliñaba esta circunstancia, «Hoy llegará a Vigo para pasar las pascuas con su distinguida familia, el senador y presidente del comité liberal-consevador de Vigo, nuestro estimado amigo el excelentísimo señor D. Manuel Barcena y Franco».

       No diario de Santiago “Gaceta de Galicia”, no seu número 19 de 24 de xaneiro de 1893, podíase ler a seguinte información: «Según leemos en los periódicos de Vigo el Excmo. Dr. D. Manuel Bárcena y Franco, presenta su candidatura para Diputados á Cortes por el distrito de Redondela, enfrente de la del Sr. Federico candidato ministerial». Tres anos mais tarde “El Correo Gallego” publicado o 30 de abril de 1896 daba conta dos datos oficiais e particulares recibidos sobre a elección de senadores. En relación coa provincia de Pontevedra, dicía, os proclamados son: D. Francisco Gorostigui y D. Manuel Bárcena, adictos; señor marques de Riestra. A “Gaceta de Galicia”, de 29 de abril, ampliaba a información facendo referencia ao escrutinio: «Se ha verificado en el Palacio Provincial de Pontevedra la elección de Senadores, tomando parte en la elección 122 Diputados y Compromisarios. Verificado el escrutinio dio el resultado siguiente: Excmo. Sr. D. Francisco Gorostidi y Albeniz 122 votos; Excmo. Sr. D. Manuel Bárcena y Franco, Conde de Torre Cedeira 122 votos, Excmo. Sr. D. José Riestra y López Marques de Riestra 122 votos».

       vino-fillaboaOutra das actividades económicas importantes desenvolvidas polo conde de Torre Cedeira foi á produción vinícola. O “Almanaque Gallego” para o ano 1903, recollía a seguinte referencia: «LA FILLABOA es el nombre de la gran finca vinícola que posee el señor Manuel Bárcena y Franco, Conde de Torrecedeira, en la región llamada EL CONDADO, á orillas del río Miño, inmediata a la estación de Salvatierra. El riquísimo vino que allí se recoge, no se entrega al consumo hasta los tres años de cosechado. En Buenos Aires lo reciben los Srs. LUIS ALONSO y Cia.- Victoria 26».

       Os terreos da Fillaboa, que hoxe producen brancos e augardentes de albariño para a Casa Masaveu, formou parte ata 1884 das posesións do Condado de Salvaterra (14) , pertencente á liñaxe da Casa de Alba, ano no que a duquesa viúva de Hijar, herdeira do condado alivia a economía da casa vendéndolle a anuncio-fillaboa-almanaque-1903parcela ao industrial Manuel Bárcena e Franco. O Conde de Torrecedeira aportará, ademais dun novo título a historia da finca, o impulso comercial do viño de Fillaboa. Será a primeira botella con escudo nobiliario na etiqueta e os seus caldos serán frecuentes nas mesas máis ilustres tanto dentro como fora de Galicia, sobre todo en Francia e Cuba.

       Achegándose ao final da súa vida, unha nova orientación agroma nas súas iniciativas de negocio. “A Gaceta de Galicia”, no número publicado o 24 de agosto de 1905, espallaba a seguinte nova: «En los primeros días de Septiembre llegará a Vigo un vapor adquirido en Inglaterra por don Ramón Menacho,(15) para la casa de don Manuel Bárcena quién lo dedicará a la pesca de bou. Parece que el conde de Cedeira piensa dar participación en el negocio a los dependientes de su casa. El buque costo 5.000 libras esterlinas».

Á súa morte o diario “El norte de Galicia” o 17 de xaneiro de 1908 facía a seguinte recensión biográfica: «Ha fallecido en Vigo, el Excmo. Sr. Dan Manuel Bárcena y Franco, conde de Torre Cedeira. Fué [sic] diputado Provincial varia veces y presidente de la Diputación. Ha sido senador en varias legislaturas, en una de ellas por oposición. Fué [sic] alcalde de Vigo el año 1880. Al crearse las Cámaras de Comercio fué [sic] el señor Bárcena el primer presidente que tubo la de Vigo. Actualmente era cónsul de Alemania y Bélgica y vice consul de Dinamarca. Fué igualmente viceconsul de Inglaterra. Poseía numerosas condecoraciones extranjeras. Españolas tenía la de Carlos III y la gran cruz de Isabel la católica. Su muerte será sentida en toda la comunidad gallega. Reciba su distinguida familia la expresión de nuestro más sentido pésame».

JENARO DE LA FUENTE DOMÍNGUEZ

Jenaro de la Fuente

Jenaro de la Fuente

Para iniciar a reseña biográfica de Jenaro de la Fuente Domínguez, autor do proxecto das casas para MB, ben está partir das informacións (16) proporcionadas polo seu bisneto e último descendente, Jorge Alonso de la Fuente, tamén arquitecto, quen, a súa vez, as recibiu da súa tía María Victoria e da súa nai Margarita, e estas do seu pai, o arquitecto racionalista Jenaro de la Fuente Álvarez. O meu Bisavó, di, naceu o 19 de setembro de 1851, na vila de Torquemada, provincia de Palencia. «Puido estudar grazas a unha mecenas». Conta, que á morte da benfeitora, (á quen o seu Bisavó sempre lle gardou recoñecemento); o mozo Jenaro, con 17 anos, viuse literalmente na rúa, polo que decidiu enrolarse no corpo de enxeñeiros do Exercito.
Posteriormente, con motivo da súa participación nun proxecto de fortificacións, foi trasladado a Ferrol. Nesta cidade tomará contacto por primeira vez con Manuel Bárcena Franco, quen, ao encargarlle anos máis tarde o proxecto de “Casas de Bárcena”,  abriríalle as portas a moitos outros importantes encargos na cidade de Vigo. Paralelamente a carreira militar, realizaría estudos para a obtención do título profesional de mestre de Obras (17) , obtendo a titulación en 1871. Esta acreditación levouno a ingresar, en 1874, no corpo de subalternos do Exercito. Nestas circunstancias, acontece o cambio de destino á comandancia de Vigo, cidade onde fixará a súa definitiva residencia.

Nesta cidade continuaría a súa carreira militar. Pero non vai ser a militar a actividade principal na súa vida profesional; a que ademais, abandonará prematuramente. Con 57 anos, por causa de enfermidade, o Estamento militar decide o seu «Pase a la situación de reemplazo forzoso» (Diario de Pontevedra, 14/03/1908). Xa non se volvería a incorporar aos labores castrenses; en xaneiro de 1910, o xornal “El Correo de Galicia”, publicaba: «Concedido el retiro para Vigo al maestro de obras militares de segunda clase D. Jenaro de la Fuente Domínguez, que lo había solicitado».

Na memoria familiar, pousou a imaxe dunha persoa sempre activa e con múltiples ocupacións, «pasou toda a súa vida traballando, durmía cinco horas ao día, encantáballe o seu traballo e sempre estivo atafegado polos seus problemas relacionados coa falta de titulación profesional», lembra o seu bisneto. Resulta difícil entender como foi capaz de compaxinar simultaneamente tantas ocupacións. Ademais da militar, ocupou de xeito interino durante case 25 anos o postos na oficina técnica do concello vigués, primeiro, en 1889, e durante un ano, como encargado interino da Oficina técnica, para substituír ao arquitecto municipal Manuel Felipe Quintana, que fora suspendido das súas funcións polo alcalde Primitivo Blein; e a partir de 1894, ata o seu pasamento en 1922, como «Director Facultativo de las Obras municipales». Durante este período, debido aos conflitos derivados da discusión sobre a súa titulación para levar a cabo determinados proxectos, que se reclamaban para os arquitectos; o consistorio, para minorar o conflito, sempre latente, contratou os servizos do arquitecto Benito Gómez Román.

Outra faciana profesional, en forma de ocupación “full time”, foi a de docente. Jenaro de la Fuente exerceu de profesor de Dibujo aplicado a la ornamentación, modelado y vaciado, na Escola de Artes e Oficios de Vigo, primeiro (1886) nas instalacións da rúa Circo e despois (1900) no edificio actual, na esquina das rúas García Barbón e Pontevedra. As informacións que por razóns de índole académica (18) íanse publicando na prensa local, denotaban un alto nivel de compromiso, por parte do profesor Dela Fuente, coa institución escolar; desde as iniciais aparicións formando parte do Claustro de Profesorado, dos tribunais cualificadores, etc; vai sucesivamente acadando maiores responsabilidades, o 21 de decembro de 1906, “La Correspondencia Gallega”, daba conta da composición do tribunal para as oposicións a cátedra na Escola municipal de Artes e Industrias de Vigo, que estaba composto polo profesor Eduardo Enderiz, Carlos Solá e o propio Jenaro de la Fuente; ou cando, amosábase como director accidental, asinando un escrito onde se dispoñía: a apertura de matricula ás ensinanzas da Escola, para o curso 1914/15; establecíanse as quendas de matriculación, a fin de evitar aglomeracións; dábase publicidade ao plan de materias, horarios, etc. (“El Noticiero de Vigo” de 26 de setembro de 1914).

Pero a actividade máis importante, a que concitou máis enerxías, máis dedicación e máis tempo foi o exercicio libre da profesión de arquitecto. A orde de 28 de setembro de 1845 certificara a exclusión dos mestres dos proxectos oficiais e tamén minguara a intervención en obras particulares, negándolles a capacidade de proxectar e dirixir que gozaran ata entón; pero a Real Orde de 1 de outubro de 1876, devolvía aos mestres as competencias para realizar obras particulares. Esta medida, ademais de supoñer que recruaran as tensións entre mestres e arquitectos, significou unha oportunidade de traballo, nunha cidade inmersa nunha fase de forte desenvolvemento e cunha puxante actividade construtiva que Jenaro de La Fuente non desaproveitou.

Edf. Nemesio Sobrino Portela

Edf. Nemesio Sobrino Portela

A súa primeira obra, en 1878, foi a casa de Nemesio Sobrino Portela (19) , situada na rúa de Príncipe 37 esquina con Velázquez Moreno. O segundo encargo (1879), foi a comentada anteriormente, Casas de Bárcena; continuou co edificio Laforet (1879) na esquina de Colón e Uruguay; o 8 de setembro de 1883, asina os planos da casa para Bernardo Rodríguez, situada na confluencia das rúas Colón, Príncipe; en 1889 asina o proxecto da Casa para Pedro Roman, situada na rúa Joaquín Yáñez, e que hoxe acolle á Biblioteca Central; en 1900, a casa de Prudencio Nandín (praza de Compostela, 13 e 14); en 1909 asina, para o construtor vigués, Antonio González Romero, o edificio Bonín, na rúa Oporto, unha das súas principais obras; en 1911, a casa para Eudoro Pardo Labarta e a Casa Ledo, na Porta do Sol, etc, etc. Entre os que non sobreviviron á demoledora picaraña, algúns edificios importantes corresponden a autoría de Jenaro de la Fuente: a casa de baños “La Iniciadora”, (1876 e reconstrución en 1903) erixida por iniciativa de Cándido Soto, e que foi derribada entre finais do 60 e principios do 70 do pasado século. O edificio Rubira, construído en 1905, estaba situado na confluencia das rúas de García Barbón e Colón e que hoxe ocupa un banco; era un edificio de pedra enorme e maxestoso, e cuxa perda (1967), é sentida dun xeito moi especial polas viguesas e vigueses. A esta listaxe de desaparecidas construcións, habería que engadir algunhas outras, como o Mercado do Progreso (1906), e a fábrica de conservas de Antonio Alonso, situada na daquela chamada rúa da Barxa, hoxe Serafín Avendaño, e que constituía unha importante mostra de arquitectura modernista na cidade. Fora de Vigo, a obra de Jenaro de la Fuente é merecedora da total consideración, dous exemplos como mostra: o Gran Hotel de Mondariz (1898) e o Palacio de Lourizán (1909), situado na parroquia de Santo André en Pontevedra.

Non foi a arquitectura o único eido de manifestación artística; o pedestal do monumento a Elduayen (20) en Montero Ríos, erixida por iniciativa do concello e sufragada por subscrición popular; e o do monumento a Méndez Nuñez, no xardín oeste da Alameda, erixido neste caso por iniciativa da Sociedade Gimnasio de Vigo, e tamén sufragado por subscrición popular, son dous claros exemplos de realizacións non arquitectónicas. Pero non as únicas realizacións fora dos proxectos construtivos de edificios. A Jenaro de La Fuente é debido tamén, o deseño do cemiterio de Pereiro (1896/98), construído por necesidade de espazo, que o antigo de Picacho non podía satisfacer; e por indicación sanitaria, que recomendaba afastar as necrópole do centro das cidades.

                                Monumento a Elduayen                                               Monumento a Mendez Nuñez

Monumento a Elduayen                                               Monumento a Méndez Nuñez

Para finalizar este breve percorrido pola súa vida e obra, uns apuntamentos sobre a súa vida familiar. Coñeceu a que sería a súa dona, Isolina Álvarez Piñeiro, cando traballaba no concello de Vigo, daquela situado na Praza da Princesa. Os pais de Isolina tiñan unha pastelaría, preto do concello, xunto a droguería de Eudoro Pardo Labarta na Porta do Sol; e que Jenaro frecuentaba. Isolina e Jenaro casaron no ano 1886, froito dese matrimonio naceron catro fillos; o terceiro deles, Jenaro de la Fuente Álvarez, sería un importante arquitecto, cunha destacada obra racionalista na cidade. Isolina Álvarez, de saúde delicada finou o 30 de xaneiro de 1897, cando contaba 28 anos. Aínda que con vivenda na rúa de Príncipe, Jenaro construíu unha vivenda familiar (21) na rúa do Romil, coa finalidade, segundo conta o seu bisneto Jorge Alonso, «de que Isolina pudiera disponer de aire puro».

Casa familiar na rúa Romil.

Casa familiar na rúa Romil.

REFERENCIAS

(1) O almofadado é un tipo de acabado exterior dos paramentos de pedra con pedra de cantería, que consiste nunha forma de labrar en relevo a cara vista da pedra fuxindo das xuntas.
(2) Parte saínte de perfil uniforme, que serve para adornar ou reforzar obras de arquitectura, carpintería e outras artes.
(3) É a doela central dun arco, ou unha bóveda. Adoita ser de maior dimensións que as demais doelas, e con frecuencia está decorada, pero no por razóns funcionais senón estéticas.
(4) Atributo do deus Mercurio, constituído por unha vara con dúas cobras enroladas e dúas pequenas ás no extremo superior, que actualmente se emprega como símbolo do comercio e da medicina. (Dicionario R.A.G).
(5) pazo-terrecedeira2Construído no s. XVII pola familia Pestaña Chamucero, que exercía o señorío xurisdicional de Cedeira, no lugar coñecido como O Corredor, sitúase fronte a ría de Vigo. Foi reformado no s. XVIII. Entre outros foi propiedade de Manuel Bárcena Franco, quen, en 1888 encargou a súa reforma ao arquitecto Michel Paczevich quen deseñou a ala oeste. Pouco tempo despois instalouse nel o primeiro teléfono de Redondela, que comunicaba o Pazo de Torrecedeira coa casa que o seu dono tiña en Vigo pero sen posibilidade de outras comunicacións. O pazo conta cun fermoso parque no que medran carballos centenarios,e outras plantas valiosas.
(6) O Partido Progresista foi unha formación política española liberal do século XIX. Xurdiu cara 1834, en defensa das reformas do goberno liberal de Mendizabal e como oposición ao réxime da rexente María Cristina de Borbón. Durante o reinado de Isabel II, gobernou só os anos correspondentes ao Bienio progresista (1854-1856), cun goberno presidido polo xeneral Espartero. O Partido Progresista, dirixido polo xeneral Prim, xunto ao Partido Demócrata, (con quen asinou o Pacto de Ostende -compromiso de ambos partidos para derrocar a Isabel II-), e a Unión Liberal, do xeneral Serrano e do almirante Topete; protagonizarían a sublevación de setembro de 1868, “A Revolución Gloriosa”, que deu paso ao Sexenio Democrático. Do partido Progresista xurdiron, o Partido Constitucional (Serrano e Sagasta), o Partido Demócrata-Radical (Ruiz Zorrilla) e o Partido Democrático (Pi y Margall).
(7) Presidiría o comité liberal-conservador de Vigo
(8) La Ilustración de Galicia y Asturias, despois coñecida como La Ilustración Gallega y Asturiana e finalmente como La Ilustración Cantábrica foi unha revista ilustrada editada en Madrid entre 1878 e 1882. O propietario foi Alejandro Chao Fernández, a parte literaria estaba dirixida polo intelectual galeguista Manuel Murguía e a artística por José Fernández Cuevas (1844-1923) e administrada por Luis Taboada. Tratouse dunha publicación multilingüe, editada en galego, asturiano e castelán. O primeiro número, co primeiro dos títulos sinalados, saíu o 15 de xuño de 1878 e así seguiu saíndo durante ese ano. O 10 de xaneiro de 1879 aparece co título de La Ilustración Gallega y Asturiana, pasando de ter unha periodicidade quincenal a decenal. Máis tarde, o 8 de xaneiro de 1882, pasa a denominarse La Ilustración Cantábrica, deixando de publicarse, definitivamente, ese mesmo ano. Nela publicaron textos autores como Rosalía, Eduardo Pondal ou Curros Enríquez. Amais, nas súas páxinas saíu a primeira novela en galego, Majina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares.
(9) A súa primeira reunión celebrouse no salón de sesións da casa consistorial baixo a presidencia do Alcalde Manuel Domínguez, formaban parte: Eduardo Chao, Joaquín Avendaño, Manuel Bárcena y Franco, José Ramón Curbera, Eduardo Iglesias Añino, Antonio Aguiar Monserrat, Antonio López de Neira, Manuel Rodríguez Cadaval, Eladio Lema e Emilio Taboada. A renuncia do alcalde motivada polas ocupacións inherentes ao seu cargo e admitida polo resto dos compoñentes provocou proceder a unha nova elección. Despois de ser propostos para o cargo Eduardo Chao e Manuel Bárcena, a decisión final da comisión doi nomear para a presidencia a Manuel Bárcena e para a vicepresidencia a Eduardo Chao.
(10) El 6 de agosto verbalmente y el 11 por una nota escrita, el embajador de Alemania en Madrid, el conde Solms-Sonnewalde, anuncia al gobierno español el propósito de su país de ocupar las Islas Carolinas, ya que las considera territorio sin dueño (res nullius). La contestación española se produjo el día 12, oponiéndose a tal circunstancia, pero ya los dos transportes españoles y el cañonero alemán Iltis se dirigían hacia el archipiélago. La nota produjo un considerable revuelo en España: grandes manifestaciones patrióticas y encendidos manifiestos contra los alemanes. Dejando a un lado intereses partidistas o el vocerío de una prensa más o menos responsable, existían algunos motivos para la indignación. En primer lugar, un cierto acercamiento hispano-alemán, aunque sometido a altibajos, era visible desde hacía varios años. Fruto tangible de este acercamiento era el protocolo antedicho y las avanzadas conversaciones para ceder un depósito de carbón y otras facilidades a Alemania en Fernando Poo. Afortunadamente para todos, la situación no degeneró en un conflicto abierto. Propuesto por España el arbitraje papal, el pontífice emitió un laudo, firmado como Protocolo en Roma por ambas potencias el 17 de diciembre de 1885. Según éste, España conseguía la soberanía sobre el archipiélago pero concedía al Imperio alemán la libertad de comercio, navegación y pesca, y las Islas Marshall, así como de establecimientos agrícolas. Por otra parte se concedía una estación naval y un depósito de carbón a la marina alemana. Estos beneficios fueron ampliados a Gran Bretaña por la mediación papal de 1885.
(11) Foi mandado construír na Ría de Vigo en 1838 e empezou a prestar servizo en 1842, sendo a segunda instalación dedicada a pasar a corentena en España (o preexistente era o Lazareto de Mahón). Estaba constituído polas illas de San Simón e San Antón unidas ambas cunha ponte de pedra. San Simón sería punto de corentena obrigatorio para todos os navíos que entraban na ría. Pola súa parte, San Antón converteríase no Lazareto “sucio” é dicir, lugar onde se levaban aos enfermos terminais ou contaxiados. san-simonDesta maneira as posibles epidemias de cólera ou lepra non chegaban ata o porto de Vigo. O lazareto abriu as portas a un crecemento sin precedentes en Vigo e toda a súa comarca, e impulsou ao Porto ata convertelo no máis importante de toda a costa atlántica española. Coa creación do lazareto na illas construíronse edificios con diferentes funcións, infraestruturas portuarias e de servizos para acoller aos numerosos buques que atracaban, así como espazos verdes entre os que destaca o Paseo dos Buxos, verdadeiro distintivo da illa, que acolle especies de máis de 200 anos e cunhas dimensións tal, que son considerados os máis altos de Europa. A finais do século XIX, sendo alcalde Antonio López de Neira, xunto cunhas obras de reformas realizadas no Lazareto, conseguiuse levar o subministro de auga potable á illa. A canalización da auga foi lograda grazas a participación do seu amigo, e grande innovador técnico da época en Vigo, Antonio Sanjurjo Badía. O Lazareto deixouse de utilizar en 1923, converténdose entre 1936 e 1944, en cadea onde recluír a presos do bando republicano. Nas primeiras semanas da guerra serviu de cárcere provisional para presos gobernativos que aínda non foran acusados pola xurisdición militar, co propósito en moitos casos de sacalos, ben entrada a noite, e conducilos a xuízos militares ou directamente asasinalos. Despois da caída da fronte de Asturias, San Simón, converteuse nun auténtico campo de concentración, a condicións de amoreamento eran tal que chegaron a coincidir simultaneamente 2500 presos na illa. Unha vez finalizada a guerra, serviu para albergar todos aqueles presos non aptos para o traballo (enfermos crónicos, vellos, discapacitados, etc), que se converteran nun estorbo para aplicación da política penitenciaria ditada pola Dirección General de Prisiones, que dispoñía que os presos republicanos e antifranquistas debían pagar as súas penas coa privación de liberdade e con traballos de reconstrución de zonas devastadas. Para a xestión do proxecto creouse o Patronato para la Redención de Penas por el Trabajo, que presidía o padre Pérez del Pulgar.
A partir de 1948 converteuse en residencia de verao para los membros da Garda de Franco, pero en 1950 un accidente marítimo acabou coa morte por afogamento de corenta e tres membros, o que precipitou o seu peche. Volvería a ser utilizada entre 1955 e 1963 como fogar “Méndez Núñez” para a Formación de Orfos de Mariñeiros.
(12) En Arxentina, Brasil, Uruguai, etc, acostúmase chamar “charqui” á carne deshidratada (case sempre bovina) salgada e afumada; este tipo de carne seca cuxa textura lembra ao cartón, era unha parte da dieta que se subministraba ás persoas escravizadas de orixe africano ata fins do século XIX nas Antillas e o Brasil. Para comer o “charqui” faise necesario lavalo y rehidratalo mediante un fervor. En Venezuela os anacos de carne salgada chámanse “tasajo” ou “salón”.
(13) Revista semanal de ciencias, arte y literatura, periódico publicado na Habana entre 1878 e 1902, foi fundado polo avogado, escritor e xornalista galego, Waldo Álvarez Insua. Nado na Estrada o 10 de xuño de 1856 e finado en Madrid o 10 de agosto de 1938, Waldo Álvarez, chegou a Cuba, como consecuencia da súa toma de posición, de denuncia, do sistema político da Restauración. Na Habana obtivo a licenciatura en Dereito. De volta á Coruña en 1899 foi elixido presidente da Liga Gallega nesta cidade (a Liga Gallega foi un grupo político rexionalista liberal galego fundado en 1897 na Coruña Presidido por Manuel Murguía, estaba dirixido por un comité composto por: Manuel Lugrís Freire, Eugenio Carré Aldao e Salvador Golpe; a quen se debe a redacción (integramente en galego), dos seus estatutos). En novembro de 1899, Álvarez Ínsua, trasladouse a Madrid onde se dedicou á avogacía. Fundou o Centro Galego en Madrid e colaborou na prensa madrileña, principalmente en “El País”, “El Liberal”, “La Ilustración Gallega y Asturiana”, “La Esfera” e a revista “Blanco y Negro”. Entrementres, continuaba escribindo para xornais de A Habana e Bos Aires, e colaborando co periódico “El Emigrado”, publicación trimensual editada na Estrada e  patrocinada pola “Sociedad Hijos de La Estrada, de Cuba”.
(14) Instituído en 1613 polo Rei Felipe III, a favor de Diego Sarmiento de Sotomayor y Mendoza, señor de Sobroso e de Salvaterra. O condado entronca por parentesco no século XVIII co ducado de Alba e logo transmitese por herdanza a través de xeracións da casa.
(15) As seguintes informacións, recollidas, do Faro de Vigo, entre 1887 e 1903, sobre a súas actividades en diferentes eidos, permitiranos achegarnos lixeiramente a súa figura: Foi apoderado de Manuel Bárcena Franco, e importante comerciante, no abastecemento de carbón, aos buques que recalaban na ría de Vigo; funcionario (Oficial) do consulado inglés, participante activo na vida cultural da cidade como directivo (Depositario), da sociedade “Tertulia Recreativa”, e no ámbito político, membro do partido conservador que lideraba na cidade Manuel Bárcena.
Á súa morte a revista “Vida Gallega” o 10 de decembro de 1916, glosaba así a sua figura: «El señor Menacho, dedicado al comercio desde joven, no era un comerciante vulgar. Hombre de gran cultura, de gran vigor físico y de grandes arrestos, lo había puesto todo al servicio noble de su profesión.
Hace unos diez años, después de muchos más al lado del inolvidable D. Manuel Bárcena y Franco, de quien fue apoderado, empezó a trabajar por su cuenta. Y entonces fue quien implanto en gran escala en la bahía de Vigo el negocio de suministro de carbones. El puerto vigués le debe uno de sus grandes progresos y las empresas navieras las facilidades que tienen para carbonear en la espléndida bahía.
Solo esta parte de su actuación, á parte otras igualmente meritorias, hacen del Sr. Menacho una figura de gran relieve entre las que integran el progreso comercial de Galicia moderna.
Emparentado con distinguidísimas familias el Sr. Menacho; su muerte llevó el luto a muchos hogares de Vigo, cuyo pueblo entero conocía y laudaba las grandes dotes del incansable luchador extinto, á quien dedicamos un tributo de consideración muy pequeño al lado de sus merecimientos. ¡Descanse en paz!.
(16) Javier Mosquera. Jenaro de la Fuente (Arquitecto). Uno de los forjadores del Vigo moderno. Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2011/04/10/forjadores-vigo-moderno/534567.html
(17) O título de Mestre de obras outorgábao a Escola especial de Arquitectos de Madrid.
(18) Apertura de período de matrícula, convocatoria de exames finais, coas correspondentes informacións e recomendacións.
(19)Con motivo do seu falecemento, producido o 31 de agosto de 1913, a prensa local subliñou a súa figura. A seguir, sendas notas tomadas dos xornais, “Faro de Vigo” e “Noticiero de Vigo”.
necroloxica-nemesio-sobrino-portela«La grave enfermedad que desde hace próximamente un mes padecía nuestro convecino don Nemesio Sobrino Pórtela, tuvo ayer un funesto desenlace. El Sr. Sobrino era natural de La Guardia, y después de una productiva estancia en las Antillas, se estableció en Vigo. Dos veces fué elegido concejal del Ayuntamiento y en una de ellas desempeñó el cargo de teniente alcalde. Fué también miembro de las Juntas directivas del Casino, y de la Cámara de la Propiedad Urbana y de la Casa de Caridad. A su viuda, hijos, hijo político D. Juan R. Bonín, hermano D. Francisco y demás familia, enviamos nuestro pésame». (Faro de Vigo).
«Imponente manifestación de duelo resulto la conducción a la última morada del cadáver del prestigioso ciudadano don Nemesio Sobrino Portela que se celebro a las diez de la mañana de anteayer. El duelo estaba formado por los párrocos de Santa María y San Francisco; los ex alcaldes de Vigo, don Joaquín Perez Boullosa y don Manuel Posada; el arquitecto y concejal don Jose Franco Montes, el secretario del ayuntamiento, don Manuel Olivié, don Laureno Fontela y don José Mª Martinez que llego con este objeto de la Guardia. Figuraban en el cortejo una sección de la guardia municipal y numerosos carruajes, entre los que se hallaba el de respecto del ayuntamiento. (El Noticiero de Vigo).
(20) «El pedestal constaba de un zócalo en gradería, franqueado en sus vértices por cuatro dados en los que se asentan unos glifos parlantes que sostienen con una de sus garras, cubiertas con la corona del marqués, las carteras de los distintos ministerios que desempeño el Sr. Elduayen.
Facenda                             Estado                             Gobernación                             Ultramar

Facenda                             Estado                             Gobernación                             Ultramar

En el basamento, que se eleva sobre el zócalo, destacan cuatro relieves: en el frente, se ven grabadas las armas de marquesado del Pazo de la Merced, artísticamente combinadas con los atributos del cuerpo de Ingenieros de caminos canales y puertos. En los de los lados, hechos alusivos a la vida del Sr. Elduayen y, en el posterior, los beneficios mas que señalados entre los muchos que la ciudad de Vigo debe a la poderosa influencia de aquel distinguido hombre público.
Tiene el pedestal propiamente dicho en las lineas de su base, la planta cuadrada, y termina su cornisa en forma de cruz, originando unos frentes con respecto a otros, un saliente de 13 cm, que además de contribuir en gran manera a los efectos de la estética, facilita mucho el despiece de la sillería.
En la cara anterior del pedestal va fundido en bronce el escudo en cuyo campo están grabadas las armas de Vigo y en las cintas que atan la palma y la oliva, que le son atribuídas la dedicatoria de la ciudad a su protector constante.
Está circundado el hermoso pedestal por un festón bajo de hierro forjado y unos pilarotes en forma de anclas como atributo de los ingenieros civiles de los que pende una cadena que completa el enverjado de cierre, estableciéndose entre este y el arranque del monumento, un pequeño jardin». (Faro de Vigo. 08/02/1895: Fragmento do artigo publicado baixo o título “Vigo Industrial”, e comentando unha nova aparecida na revista “Galicia Agrícola”).
(21) fachada-vivenda-familiar-romilSituada no número 30 da rúa Romil. Este auténtico palacete urbano, destaca a balconada semicircular que a rodea, e pola terraza superior desde a que, no seu día, podíase divisar, dun lado, o solpor de tarde sobre a ría e do outro o horizonte do monte do Castro. O seu estilo é ecléctico e, actualmente forma parte do catálogo de edificios singulares do Concello de Vigo. A destacar que a pesar de que a maioría da arquitectura de Jenaro de la Fuente foi realizada en pedra, para o deseño da súa vivenda prescindiu dese material.
Imaxes. A maior parte son fotografías de Fernanda Padín Ogando. Outras: Irmáns Bárcena Franco (COSTA VÁQUEZ Luis. El legado musical del Maestro Augusto Bárcena. Deputación de Pontevedra). Anuncio Compañía de Vapores del Pacífico (Revista Literaria. Santiago. 1901). Emblema de la Sociedad Española de Salvamento de Náufragos. (El Salvamento marítimo en España. 15 años de Historia. Juan Carlos Arbex Sanchez). Anuncio de Fillaboa (Almanaque gallego). Pazo de Torrecedeira (Catálogo de Flora en el Pazo de Torre Cedeira. La Mirada Actual). O resto das imaxes extraídas de publicacións da época.

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA

  1. IGLESIAS VEIGA, X.M.R.: «Conflitos entre titulados: mestres de obras e arquitectos na cidade de Vigo (1880-1925)». Boletín del Instituto de Estudios Vigueses. Año II. 1996, nº 2, pp. 185 a 203.
  2. GARRIDO GARCÍA, X.: «Fuente y Dominguez. Jenaro de la». Gran Enciclopedia Gallega. Silverio Cañada cd. Gijón. 1977. Tomo XIV, 150.
  3. (14 de enero de 2013). El Conde de Torrecedeira, un vigues del más alto prestigio. Falleció el 14 de enero de 1908. Lembrada no Faro de Vigo
  4. Expediente personal del Senador D. Manuel Bárcena y Franco, Conde de Torrecedeira, por la provincia de Pontevedra. Web del Senado. Recuperado de: http://www.senado.es/
  5. Biografía. Web da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.Recuperada de: http://www.camarapvv.com/
  6. Manuel Bárcena Franco. Wikiwand. Recuperada de: http://www.wikiwand.com/gl/Manuel_B%C3%A1rcena_Franco#/overview
  7. Manuel Bárcena de la Concha Franco 27 Agosto 1834 – 14 Enero 1908. Enciclopedia Global Marcheval. Recuperado de: http://www.marcheval.com/wiki/index.php/
  8. BLAS CALZADA. Manuel Barcenas y la caja de ahorros. Crónicas de otro Vigo. Vigo empresa.com. Recupaerado de: http://www.vigoempresa.com/html/es/
  9. JAVIER MOSQUERA (21 de xullo de 2013). Unha personalidad clave en el desarrollo de la ciudad. Faro de Vigo. Recuperado de: http://www.farodevigo.es/
  10. (23 de novembro de 1965). Unha Larga Historia (Publicada o 23 de novembro de 1965, sobre un feito ocorrido en 1870). El Pueblo Gallego.
  11. (4 de setembro 1879 septiembre 4). Constitución da Corporación de Vigo. El Correo gallego (Año II Núm. 331)
  12. (20 de novembro 1879). Entrevista al Sr. D. Manuel Bárcena Franco, Alcalde presidente da cidade de Vigo.La ilustración gallega y asturiana, Num. 32, traída do Faro de Vigo.
  13. (18 de decembro de 1879). Telegramas intercambiados entre José Elduayen e Manuel Bárcena Franco. El Correo Gallego Año II Núm. 416.
  14. (18 de febreiro 1880). Nova casa de Barcenas. La ilustración gallega y asturiana Num. 5.
  15. (29 de febreiro de 1880). Monte de piedad. El Correo gallego Ano III Núm. 469.
  16. (9 de outubro de 1880). El primer dia de La Caja de Ahorros-Monte de Piedad de Vigo. El Correo gallego Ano III Núm 636.
  17. (8 de febreiro de 1881). Comisión para la creacións de un colegio de 1ª y 2ª enseñanza y Escuela de Comercio. La ilustración gallega y asturiana Núm. 4
  18. (30 de xuño de 1882) Dice La Concordia: Barco de Southampton para Exportación de ganado vacuno. Gaceta de Galicia Num. 1003.
  19. (5 de agosto 1882) Bueyes para Inglaterra. El Correo Gallego Año V Núm. 1173.
  20. (22 de agosto de 1884). Comisión nombrada en el meeting popular celebrado en el teatro circo Tamberlick. El Diario de Vigo Num. 111.
  21. (22 de xaneiro de 1885). Apertura de la sucursal del Banco de España en Vigo. Gaceta de Galicia Num. 1728.
  22. (11de xuño de 1885). Instalación de la oficina telegráfica en la casa del Sr. Bárcena. Gaceta de Galicia Num. 1837.
  23. (26de agosto de 1885). Renuncia ao vice-consulado de Alemaña. Gaceta de Galicia Num. 1728.
  24. (30 de setembro de 1885) 246 cueros traídos por el vapor alemán “Franfurt” para D. Manuel Bárcena. Gaceta de Galicia Num. 1759.
  25. (23 de maio de 1886). Candidatura ao Senado de D. Manuel Bárcena. El eco de Galicia: revista semanal de ciencias, arte y literatura: Num. 204.
  26. (09 de novembro de 1886). Junta de La Sociedad Española de Salvamento de Naufragos en Vigo. Gaceta de Galicia Num. 2081.
  27. (27 de novembro de 1886). Constitución de La Cámara de Comercio. El lucense: diario católico de la tarde: Num. 640.
  28. (04 de xuño de 1887). Suscripción para o Mausoleo Para Rosalía de Castro. Gaceta de Galicia Num. 125.
  29. (13 de marzo de 1888). Juegos Florales de Pontevedra. El Correo gallego Año XI Número 2200
  30. (21 de junio de 1888). Actividad como Cónsul de S.M. Británica Excmo. Sr. don Manuel Barcena. Hoja oficial del lunes Num. 115 (27/06/1938).
  31. (11 de marzo de 1891. Enlace por vía férrea de Vigo con Baiona. Gaceta de Galicia Num. 54.
  32. (11 de marzo de 1892). Concesión del ferro-carril de la estación de Vigo al puerto del mismo nombre. El Eco de Galicia Num. 1749.
  33. (24 de xaneiro de 1893). Manuel Bárcena candidato á Deputado en Cortes por Redondela. Gaceta de Galicia Num. 19.
  34. (08 de novembro de 1893). Descarga de 54.000 kilos de bacalao para don Manuel Bárcena, que condujo el vapor noruego procedente de Bergen. Hoja oficial del lunes: Num. 438.
  35. (15 de xuño de 1894). Sentencia en ruidoso pleito sobre pago de las obras del teatro “Cervantes” de Vigo. Gaceta de Galicia Num. 123.
  36. (30 de abril de 1896). Senadores electos. El Correo Gallego Año XIX Número 6142.
  37. (30 de xullo de 1898). Compañía de navegación de vapor al Pacífico. El áncora Num. 304.
  38. (30 de xuño de 1900). Solicitud de instalación de depósitos flotantes de carbón. El Diario de Pontevedra: Periódico liberal, Num. 4837.
  39. Anuncio “LA FILLABOA”. Almanaque gallego para: Año 1903.
  40. (24 de agosto de 1905). Compra de un vapor para pesca de bou. Gaceta de Galicia Num. 189.
  41. (17 de xaneiro de 1908). A defunción. El norte de Galicia: diario político y de información, Num. 2120.
  42. Mª JESÚS FACAL RODRIGUEZ. Conde de Torre-Cedeira, Banqueiro e Gran Propietario Urbano. Empresarios de Galicia Volume 2.
Advertisements
Estas entrada foi publicada en Casas de Vigo coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s