Desta vez si que vai.

desta-vez-vaiHoxe é o 19 de xaneiro de 2017 e estase producindo unha vaga de frío polar. Leva tempo sen chover e o prezo do petróleo está a alza. Danse, xa que logo, as condicións para que os axentes de produción, transporte e comercialización da enerxía eléctrica argallen un argumentario que sustente o establecemento do prezo récord para o MW·h de enerxía.

O Goberno, mentres tanto, despois de recoñecer o grave e conxuntural cúmulo de condicións climáticas e de laiarse pola coincidencia coa suba do petróleo, exhibira a faciana máis inquiridora sobre o facer do sector eléctrico e “avisará” das consecuencias que para as empresas implicadas no sector se producirían de ter estas comportamentos que tenten tirar proveito da situación. Tamén, reclamará da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), a máxima atención a fin de detectar posibles abusos. A última das variables necesarias para que a teatralidade funcione é a que deben desenvolver todos aqueles axentes encargados de crear opinión: medios de comunicación, asociacións de consumidores (con boa ou regular intención), lideres de determinados partidos políticos, os submisos á ideoloxía dominante (prêt-à-penser) apoleirados aos diversos faladoiros, técnicos especialistas, economistas de valía contrastada, etc etc.

Conformado así o cóctel o resultado está garantido. As persoas, as familias, que aínda teñen vivenda e posibilidades de facer fronte ao recibo de luz, hipoteca, alugueiro e aínda lles sobra para comer e mercar medicinas, empatizarán coa mensaxe recibida e, unha vez máis farán votos para non volver a esquecerse de apagar a luz ao saír dunha habitación e, desta vez si, baixaran a ferraxería e mercaran as tantas veces esquecidas lámpadas LED, e, por suposto, na próxima lavadora que haxa que poñer a temperatura de lavado será de 40 oC, non de 60 oC aos que tan mal acostumados estabamos.

A ver se así, desaparece a mala conciencia adquirida polos comportamentos incívicos reiterados durante tanto tempo, ¡Mira que nos tiñan avisados de que o prezo da enerxía depende dos nosos comportamentos!.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en As miñas contribucións coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s